Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

A voltas co consumo de carne e a singularidade do sistema produtivo galego

Hai uns días tratei de analizar en varios muros de Facebook a polémica sobre o consumo excesivo de carne que foi xerada pola campaña titulada: “Menos carne, más vida”. Este é un artigo sobre o mesmo. Desculpade as persoas que vistes o Facebook por se é algo repetitivo para vos. Aínda que se pode dicir que a polémica xa está apagada, creo que non está de máis insistir aquí sobre o tema porque este é un debate que vai máis aló de conxunturas informativas e políticas.

A proposta dun maior consumo de alimentos vexetais fronte a defensa do consumo de alimentos animais é un dos debates parciais que forman parte do debate global que se está dando a nivel mundial sobre cal debe ser o papel da agricultura no século XXI. Este debate global tamén inclúe outros debates parciais como os que se están dando sobre a soberanía alimentaria, sobre a relación entre a eficiencia produtiva e o tamaño das explotacións ou sobre a multifuncionalidade da agricultura. E tamén o que se está producindo entre as persoas partidarias de integrar produción e conservación nas mesmas terras (land sharing) e as persoas partidarias de separar as terras dedicadas á produción das terras dedicadas á conservación (land sparing).

O primeiro que compre aclarar é que, como di Garnett, os alimentos de orixe vexetal e os de orixe animal desempeñan papeis moi diferentes na nosa dieta nutricional polo que compre escapar de comparacións e análises demasiado simplistas. O segundo que compre aclarar é que a carne consumida nas nosas latitudes provén de dous sistemas produtivos claramente diferenciados. Por unha banda están sistemas produtivos extensivos respectuosos co medio ambiente e por outra banda están os sistemas produtivos intensivos que se poden cualificar de gandería industrial. Creo que é posíbel afirmar que nesta zona do planeta a carne consumida que provén da gandería extensiva é residual xa que moi maioritariamente provén da gandería industrial. Precisamente é este sistema de produción o máis cuestionábel desde o punto de vista do benestar animal e do impacto ambiental causado. Steinfeld e colaboradores/as no documento “Livestock’s long shadow” publicado pola FAO en 2006 conclúen que o gando ten un substancial impacto nos recursos mundiais de auga, terra e biodiversidade e que contribúe significativamente ao cambio climático. Pola súa banda, González e Carlsson-Kanyama (2008) indican que os montantes máis elevados de proteína e enerxía por unidade de emisión de CO2 obtéñense cos produtos vexetais.

Baixo esta perspectiva global hai que analizar o caso galego. Escoitei e lin moitas veces que hai que defender os nosos sectores produtivos. Pero, desde o meu punto de vista, os sectores produtivos non son defendíbeis unicamente polo feito de estar implantados en Galiza. Para que merezan ser defendidos teñen que ter ademais outra serie de características. A min ocórrenseme algunhas. Por exemplo que non exploten abusivamente aos traballadores e traballadoras asalariadas; que non teñan un impacto ambiental inadmisíbel; que no sexan espoliadores dos nosos recursos (nin dos recursos doutras nacións); que estean destinados prioritariamente a cubrir as necesidades do país. E seguro que hai máis pero creo que é suficiente para entender o que quero dicir.

Pois ben, neste tema da produción e o consumo de carne, como en moitas outras cuestións, Galiza ten singularidades que convén coñecer para analizar por onde deberían ir as iniciativas privadas (por que non?) pero, fundamentalmente, por onde deberían ir as medidas a tomar polas administracións públicas e por onde deberían ir as demandas das organizacións políticas e sociais.

Segundo as estatísticas da Consellería do Medio Rural, case a metade das explotacións galegas con vacas de carne teñen menos de 20 cabezas. Por outra banda, aínda que non é máis que unha aproximación aos datos reais, o gráfico nº 1 elaborado a partir da enquisa do INE do ano 2016 permite comprobar que a estrutura do sector produtor de carne de vacún de Galiza é claramente diferente á do Estado Español.

A singularidade de Galiza esixiría tomar unha posición específica en relación ao debate: consumo de produtos vexetais versus consumo de produtos animais. Pódese dicir que a carne producida en Galiza maioritariamente é unha produción campesiña. Polo tanto a defensa dos nosos sectores produtivos non consiste en facer causa común cos gandeiros e gandeiras que defenden un sistema produtivo baseado na gandería industrial e que o poñen en práctica. Pola contra, o que compre facer é explicar que debe haber unha alternativa a esta gandería industrial. E esa pode estar precisamente no sistema produtivo dos labregos e labregas galegas, no sistema produtivo das casas de labranza ou pequenas explotacións familiares, como as queirades chamar. Ao meu entender, estas, con certas modificacións, poderían situarse na vangarda das novas ideas sobre agricultura, as máis actuais e progresistas que se abren paso a nivel mundial.

E esta alternativa podería ser moito máis firme se se camiña cara a agroecoloxía, da que se cadra non se está moi lonxe. E se ademais se toman medidas para extensificar a produción gandeira. A gandería de carne en Galiza podería ser máis extensiva se se diversificara, aínda que só fora en pequena medida, o destino da produción obtida nas superficies ocupadas por prados, pasteiros e cultivos forraxeiros. Superficies que hoxe, moi maioritariamente e de xeito prioritario, teñen o obxectivo de cubrir as necesidades de alimentación do gando vacún produtor de leite; un leite que ten como principal destino a exportación.

No gráfico nº 2 pode verse que a maior extensificación, é dicir as cargas gandeiras totais máis baixas, dáse cando porcentaxe de gando vacún de carne, ovino e cabrún é maior.

En resumo, se tivéramos máis confianza no que somos talvez nos atreveriamos a dicir: mirade para aquí, mirade para Galiza. Aínda que admita matizacións, o noso é un modelo a seguir.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha