Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Adaptación

Este artigo vai da necesidade de adaptación, pero vaia por diante que isto non é un chamamento a acomodarse á situación actual, nin a aceptar as inxustizas, nin a abandonar o traballo por unha sociedade máis xusta e máis humana, dentro das posibilidades de cadaquén. Vou falar de distintos temas a cabalo entre o persoal e o colectivo, se cadra pouco conectados entre si.

A min góstame viaxar pero agora mesmo son consciente de que hai moitos sitios onde xa non vou poder ir. En primeiro lugar porque, como non teño coche, o medio de desprazamento son ou ben os coches da xente amiga ou ben o transporte público. E en Galiza (e tamén no Estado Español) o transporte público está tan deteriorado que só é posíbel empregalo dunha maneira razoábel, sen eternizarse no traxecto, para ir a cidades ou algunha vila. Mais non é nada sinxelo chegar en autobús á montaña de Lugo ou a Costa da Morte, ou á serra do Gerês ou aos Oscos. Do tren nin falo. Moi difícil chegar a Porto desde Lugo sen facer noite en Vigo.

Por outra banda hai moitos sitios onde non se pode chegar pola falta de capacidade física. Agora mesmo eu teño unha discapacidade importante pero entendo perfectamente que hai lugares onde non se pode facer posíbel que todo o mundo chegue ata o sitio. Ben porque non é factíbel ou ben porque tería un grande impacto ambiental que non sería axeitado desde a perspectiva do conxunto da sociedade. Non é doado compatibilizar a accesibilidade co respecto aos lugares que poden ser patrimonio natural ou monumental de toda a sociedade. Por exemplo, desde o meu punto de vista, non sería razoábel poñer un ascensor desde Piornedo ate o pico Mustallar. Témonos que adaptar ao que podemos facer e ao que non podemos facer. E costa conseguilo. Iso non debe impedir que sigamos reivindicando que as administracións traballen para conseguir a máxima accesibilidade para as persoas discapacitadas en case todos os lugares, edificios, rúas ou vehículos. Os sitios non accesíbeis teñen que ser unha excepción.

Para moitas persoas as limitacións a viaxar veñen dadas polos recursos económicos de que dispoñen. E isto non deixa de ser unha discapacidade económica á que tamén hai que estar atentas e atentos para eliminala no posíbel.

En resumidas contas, entre unhas cousas e outras, hai sitios a onde tiña pensado ir que xa non o poderei facer, como xa dixen máis enriba. Nin volver a outros aos que me facía ilusión regresar. Non obstante agora desfrutarei daqueles aos que aínda podo ir.

E falando de viaxes, algo ao que non me dou adaptado é ao uso desmedido das fotos. Hoxe a todo se lle saca fotos. Pero entre sacalas, colgalas nunha rede social ou mandar whatsapps vexo a xente máis pendente dos aparatos que de coñecer o sitio que está visitando.

Adaptarse tamén é estar conformes coa idade que temos. E aproveitar os aspectos positivos que ten calquera idade. Nese sentido non me gosta nada cando alguén se dirixe a min dicíndome “chico” ou “chaval”. Se pretenden adularme deste xeito ou facer que me sinta mellor, conseguen todo o contrario.

Finalmente temos que adaptarnos a vivir sen a compañía das persoas que xa non están, sexan amigos, amigas ou familiares. Iso é o máis duro. Pero hai que tirar para diante.

En resumidas contas hai que intentar vivir o momento que nos toca coa mellor calidade de vida posíbel e coa maior alegría interior da que sexamos capaces. E ímolo intentar.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha