Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Albiscando ideas

Xa hai bastante tempo que ando moi desconcertado a respecto da situación política e social do país. Non son capaz de entender o que pasa. Nin o que se pensa, nin o que se di, nin o que se fai, nin cara onde se camiña ou se quere camiñar. E refírome tanto ás persoas coma ás distintas organizacións políticas e/ou sociais.

Neste desconcerto non se me veñen á cabeza reflexións que teñan o suficiente valor como para permitirme ir saíndo do mesmo. Non obstante hai algunhas semanas semella que fun enxergando algunhas ideas. Unha parte delas veñen de hai dez ou doce anos atrás aproximadamente. Outras son máis actuais. E no confinamento por causa do coronavirus ocorréuseme expoñelas neste blog, aínda que como digo só consigo entrevelas e polo tanto se cadra non acerto a expresalas con nitidez.

En todo caso vou iniciar unha serie de artigos baixo un epígrafe común (o título do que estades lendo) e tentarei que teñan unha periodicidade máis ou menos semanal.

Xa sei que neste momento é un risco atreverse a dar unha opinión sobre determinados temas. Pero o que pretendo con estes artigos non é polemizar senón unicamente compartir as poucas ideas que vou albiscando entre a néboa da situación político-social de Galiza e a néboa da miña propia situación persoal. Estou perdendo o interese por ter razón pero non creo que sexa tempo perdido expresar o que cadaquén pensa. É posíbel que chegue a ser útil para outras persoas. No caso de que non compartan o que digo pode servir para que se reafirmen nas ideas propias. Noutros casos pode servir para reflexionar. E si non vale nin para unha cousa nin para outra, pois entón quedaría claro que non conseguín nada … pero servirá de experiencia. E agardo que non só para min.

Eu considérome, non sei se acertadamente, como nacionalista e de esquerdas. Por iso os artigos abordarán desde temas que podían ser aplicábeis á esquerda ou mesmo ás organizacións políticas e sociais en xeral (posibelmente a maioría) até temas máis propios de Galiza e en concreto do nacionalismo galego.

Xa que logo, imos aló.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha