Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Apuntamentos sobre folgas, conflitos armados e cousas varias

Primeiro: A folga dos/as transportistas e as mobilizacións dos propietarios e propietarias de explotacións gandeiras pon de manifesto que tanto o transporte como a produción de alimentos son servizos esenciais para a cidadanía. E provoca un debate inevitábel: Habería que nacionalizar ou, polo menos, intervir o transporte, a agricultura, a gandería e outros servizos que se demostren esenciais para a vida da xente?

Segundo: Nun artigo anterior xa falei de que o conflito de Ucraína e a súa repercusión sobre as importacións que se estaban a facer deste país amezan con facer economicamente inviábeis as explotacións gandeiras, incluídas as leiteiras. E fai aparecer á soberanía alimentaria como unha alternativa indispensábel. Nesta mesma liña o actual conflito no transporte e os seus efectos sobre as dispoñibilidades de produtos de todo tipo para o consumo da poboación, entre eles os alimenticios, evidencia que o comercio de proximidade é o modelo a seguir, aínda que algún produto haxa que traelo de lonxe. A situación actual de Galiza a este respecto é un bo punto de partida se exceptuamos o caso dos cereais gran. Aproximadamente un 70% da xente que vive neste país podería autoabastecerse de hortalizas dentro da súa propia comarca e máis dun 60% podería facelo de patacas. E as grandes aglomeracións urbanas poderían autoabastecerse tamén de hortalizas, patacas ou froitas dentro dun area xeográfica que encaixa no concepto de comercialización de proximidade.

Terceiro: É o momento para levar a cabo un debate ideolóxico en profundidade tanto para o primeiro apuntamento coma para o segundo. Nos últimos tempos puiden comprobar como a xente con ideas de extrema dereita da o debate en calquera sitio e con calquera persoa. Por certo que moitas veces faino denunciando os problemas da xente para conectar con ela e a partir de aí intentar conducila cara as súas posicións. O peor é que moitas veces hai persoas de esquerda que, estando presentes, déixanlle o campo libre e non lle contrapoñen outras ideas.

Cuarto: Relacionado co anterior, non comprendo a postura de persoas e organizacións que din defender o público, o comercio de proximidade, a agricultura ou gandería en pequena escala e que, non obstante séguenlle o xogo a transportistas que están en folga ou ao sector das granxas de gando que, tanto nun caso coma noutro, defenden un modelo diferente.

Quinto: No tema do coronavirus metéronnos tanto medo que conseguiron que aceptaramos con submisión as medidas que impuxo o poder económico, político e “científico”. E agora co conflito de Ucraína non estarán facendo o mesmo? Non nos estarán preparando para que aceptemos con submisión, incluso que aplaudamos, se deciden entrar na guerra ? E non sería de descartar que haxa xente e organizacións que presionen ao goberno co fin de que nos leve a unha guerra para defender os intereses económicos das grandes empresas.

Sexto: Teño a sensación de que algunhas persoas, a pesar de que cara fóra semellen estar angustiadas por estas situacións como o coronavirus ou conflito de Ucraína, no fondo están a gusto con isto porque é como estar á mercé de algo que non poden controlar, que non depende delas e, dalgunha maneira, libéraas de ter que comprometerse para modificar estas situacións. E en xeral libéraas de ter que implicarse para cambiar a situación social, económica, política ou sanitaria que está condicionando e afectando á súa vida particular, a maior parte das veces negativamente. En certa maneira é como poñer o destino nas mans de Deus e polo tanto non ter que actuar porque xa todo depende del.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha