Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

As trampas deste sistema político e o país

Este artigo trata sobre a convivencia entre organizacións políticas diferentes con carácter xeral sen pretender ningún tipo de crítica ou debate sobre as posicións de organizacións concretas.

Comezarei falando dun comportamento político que ao meu entender é unha perversión deste tipo de democracia. Ou se cadra sería mellor dicir que é unha trampa que este sistema político nos pon para tratar de impedir que avancemos cara unha sociedade mais xusta, libre, democrática e humana.

Cando se cae nesta trampa, a organización política mais próxima transformase nunha das principais competidoras, especialmente nas eleccións e nas institucións. A derrota da organización política mais próxima convertese daquela nun dos obxectivos prioritarios da acción política, mesmo chegando a facer alianzas con quen sexa con tal de facela fracasar.

Se falamos en concreto do nacionalismo non acabo de entender como a convivencia entre as distintas organizacións non é mellor. Como vedes non falo de unidade. Para min non é un problema de unidade, sexa orgánica sexa en forma de coalicións de calquera tipo. Entendo a unidade como un instrumento, non como un fin en si mesmo. Unhas veces será interesante, necesaria ou útil e outras veces non. En cada momento deberíase escoller a mellor opción mantendo sempre o respecto e as boas relacións.

Eu comparto os versos da canción de Lluís Llach “Temos que aprender o espazo; difícil e fráxil da nosa convivencia; onde poidamos todos cantar; un himno para non gañar”.

E, sobre todo, o importante son os intereses do país. Cando falo de país, estoume referindo á xente galega, fundamentalmente á clase traballadora, incluíndo loxicamente as persoas que son labregas ou autónomas e ao pequeno empresariado. Estes intereses deben estar por riba dos que lexitimamente teña cada organización. Isto é o que debería inspirar as relacións entre elas. Resultaría moi difícil caer na trampa da que falaba mais enriba se se poñen por diante os intereses de Galiza.

Existen exemplos onde se podería achacar a unha ou a outra organización a responsabilidade das malas relacións. A continuación poño un, simplemente porque me parece bastante clarificador do absurdo que son as veces determinados enfrontamentos. O que eran liñas vermellas (o pacto con organizacións de obediencia estatal por exemplo) até o punto de que mesmo se anatematizaba a quen as atravesara, pasadas as eleccións son traspasadas por quen as trazaba. Isto non é unha crítica a esta postura senón unha descrición da mesma. Para facer unha crítica tería que entrar nun debate sobre os argumentos de quen a defenda. Algún podo supoñelo ( por exemplo que non é o mesmo pactar antes que despois das eleccións) pero outros non. Polo tanto, aínda que a min me custa entender este comportamento, non pretendo entrar nun debate político. E iso ademais por outras tres razóns. A primeira é que estou bastante desconcertado e mesmo non sabería como defender ben as miñas posicións. A segunda é que estou perdendo o interese por ter a razón. A terceira é que a min me gostaría participar en debates que permitiran a elaboración dun pensamento colectivo incorporando distintas posicións (sobre todo as máis valiosas) e sen embargo vexo que isto é case imposíbel nun tempo onde os debates se teñen convertido en batallas dialécticas nas que o obxectivo é gañar, mesmo aniquilar (dialecticamente claro) a persoa considerada adversaria.

Eu comparto os versos da canción de Lluís Llach “Temos que aprender o espazo; difícil e fráxil da nosa convivencia; onde poidamos todos cantar; un himno para non gañar”.

Saramago di nunha pasaxe do libro que estou lendo: “o pior inimigo, segundo ensina a lei dos cegos, é sempre aquele de quem mais perto estiveres”. Eu remato coa confianza de que non esteamos cegas política e ideoloxicamente e de que ollemos cara diante con amplitude de miras. En resumidas contas, coa esperanza de que non se caia na trampa deste tipo de democracia e que se trate á organización política mais próxima como o que realmente é: unha organización coa que se poden compartir proxectos políticos (moitos, aínda que non sexan todos) sempre en beneficio do país. E neste caso refírome a todas e cada unha das organizacións políticas especialmente as nacionalistas incluída algunha da que polo momento non coñezo motivos para que se sinta aludida.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Manuel Jordán Rodríguez

Profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A impostura e a desorientación na normalización lingüística". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associacionismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha