Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Autoodio

O concepto de autoodio aplicado ás actitudes dos colonizados e das colonizadas chegou ao nacionalismo galego hai anos. E axiña o asumimos porque explicaba algúns comportamentos da xente deste país que nos resultaban difíciles de entender e ademais dábanos unha certa tranquilidade de conciencia porque xustificaría o feito de que en Galiza houbera un seguimento do nacionalismo máis baixo do que nos gustaría.

Non obstante, desde hai algún tempo estou empezando a pensar que se cadra deberiamos reflexionar sobre a idea de que os cidadáns e as cidadás galegas teñen autoodio. E matizala máis, sen abandonar nin deixar de aplicar este concepto á nosa realidade concreta de país colonizado. Teño que aclarar que non estou plenamente convencido das ideas que vou expresar a continuación, senón que estas son máis ben dúbidas ou incertezas. Pero anímome a escribir este artigo coa esperanza de que contribúan a esa reflexión que eu, como acabo de dicir, considero necesaria.

Dise ás veces que a nosa xente, especialmente a do rural, ten autoodio. Pero en concreto a que ten autoodio? Ao idioma? Mais: quen conservou o idioma aínda que sexa en menor medida do que desexariamos? Ten autoodio aos seus costumes e ás tradicións que lle transmitiron as xeracións anteriores? Mais, daquela: por que ao instalarse nas cidades, especialmente ao volver da emigración, puxeron bares e negocios con nomes como: “pan do país”; “a nosa terra”; “o carro”; “o cabazo”; “a dorna”; “o xugo”; “o pote”; “a lareira”; “arume”;… e os decoraron con motivos propios do seu modo de vida no rural e do modo de vida das súas antepasadas e antepasados? (por certo que me dei conta disto por primeira vez cando mo fixo notar o compañeiro Elías). Ten autoodio á súa forma de alimentarse? Pero entón por que se escoita máis dunha vez: “estes señoritos españois para comer ben teñen que vir ao rural de Galiza”.

Tamén se fala de autoodio cando se ven valados, infraestruturas hidráulicas, muíños, casas, etc. , abandonados e case completamente destruídos. Pero moitas veces non será a falta de recursos económicos a que fai que se deixen deteriorar estas construcións? Ademais hai que lembrar que foi fundamentalmente a “modernidade” a que desfixo os valados. As concentracións parcelarias arrasaron practicamente con todos os que había nas zonas a concentrar. As persoas estudadas de Galiza, agás excepcións, tiñan e teñen unha valoración negativa da nosa estrutura territorial (minifundio). Isto levou a que na nosa terra non se deseñara nin se fabricara pequena maquinaria adaptada ás pequenas parcelas e obrigou a mercar grandes máquinas que non entraban nas leiras.

Eu creo que a xente traballadora deste país, especialmente á do rural, interiormente é consciente da súa valía e ten un gran respecto por si mesma. Pero este auto-respecto non o transmite cara fóra porque é submisa fronte ás clases dominantes. Submisión e autoodio acostuman ir unidos. Pero na nosa terra a primeira non será máis intensa que o segundo? Eu encontro cada vez máis xente que, cando alguén lle di: “non sabedes o que tedes”, contesta: “si que sabemos o que temos; sabemos o importantes que somos. Ao mellor quen non o sabe é quen me está dicindo iso”. Só hai que lembrar o símbolo de orgullo e auto-reivindicación que supuxeron as loitas en defensa do sector lácteo e, sobre todo, a loita contra a cota empresarial.

Puidera ser que o autoodio non estea no campesiñado e nas clases populares senón na burguesía, na pequena burguesía e en certas persoas ilustradas de profesións liberais que se avergoñan de formar parte dunha nación constituída maioritariamente por persoas que consideran inferiores?

Talvez o autoodio que poida existir nas persoas pertencentes ás clases populares e ao campesiñado superarase cando realmente o conxunto da cidadanía se decate do respecto que teñen por si mesmas estas persoas, o faga seu e o evidencie. E sobre todo cando se atendan as súas reivindicacións dunha maior e mellor calidade de vida con respecto para o seu modo de vivila.

Insisto en que todo o que acabo de dicir son dúbidas e incertezas que poño sobre a mesa por se serven para reflexionar sobre o autoodio en Galiza nos anos vinte do século XXI.

 

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha