Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Comunicación e imposición da ideoloxía

Nestes tempos de internet e redes sociais, con frecuencia escoitamos dicir que a xente xa non atende aos medios de comunicación clásicos. Sen embargo eu teño a impresión de que o dominio destes últimos sobre a forma de pensar das persoas é maior que nunca. A conformación da opinión pública está cada vez mais claramente dirixida desde determinados medios de comunicación, sen esquecer o papel que xoga a expansión da ideoloxía das organizacións política ou socialmente predominantes, pero que habitualmente se realiza tamén a través dos mesmos medios. Fago estas consideracións a partir de certas observacións.

A primeira é que os temas de debate entre a xente son aqueles que se propoñen desde estes medios de comunicación. Non é nada doado falar de calquera outro tema.

A segunda é que os argumentos para defender unha ou outra postura sobre un tema son practicamente idénticos aos que utilizan as voceiras/os, tertulianas/os e outros “referentes” do xornalismo. É como se dalgún sitio saíra un argumentario que a forza de repetirse nos distintos medios e polos distintos/as voceiros/as, acaba por impregnar á xente. En case todos os grupos de comunicación é bastante doado saber onde se xera este argumentario. Basta con ler, escoitar ou ver o medio no que se xesta (ou se da a coñecer inicialmente) para saber o que se vai repetir por parte do resto dos medios do grupo durante os seguintes días ou semanas.

Ademais de confiar no que poidan dar de si as redes sociais e internet, se cadra sería necesaria un pouco de rebeldía e activismo fronte a este proceso de conformación da opinión pública que a ideoloxía dominante está conseguindo impoñer.
A terceira observación é que se está a reconducir determinados conceptos e/ou ideas que poden poñer en cuestión o sistema político-económico, de tal xeito que, despois de ser peneiradas por determinados medios e instancias, chegan a adquirir, para a maioría da xente, un significado diferente ao que as orixinou e conducen a uns obxectivos tamén diferentes dos que se pretendían. Non ten por que ser necesariamente malo pero, desde o meu punto de vista, moitas veces si que o é. Isto está pasando co feminismo, que para a maioría da opinión publica, deixou de ser unha visión alternativa do mundo. Afortunadamente as feministas seguen a dar o debate de fondo por mor dos últimos acontecementos e as mobilizacións que provocaron. Mais tamén podiamos poñer o exemplo da cuestión catalá e a interpretación do significado da democracia política: xa non é vista como a confluencia da vontade da maioría, o respecto as minorías, da participación na toma de decisións, da igualdade de oportunidades, da xustiza, da democracia económica, do respecto da lei, … Agora, para moitos opinadores e opinadoras, a democracia só consiste neste ultimo aspecto, aínda que implique a obriga de ter que acatar unha lei antidemocrática.

Estas tres observacións son doadas de facer nas viaxes de autobús (con paraxes) onde se manifesta con forza o activismo das persoas de mentalidade conservadora á hora de facer proselitismo case indiscriminado. Mais, por desgraza, tamén se pode comprobar con persoas de mentalidade progresista. Non sei se podo xeneralizar pero, polo menos no meu contorno, cando nos atopamos, póñense sobre a mesa os mesmos temas que se escoitaron nos medios de comunicación e o que é mais preocupante: utilízase o mesmo argumentario e dáse por feito que o significado de determinadas ideas é o que se transmite a través dos mesmos.

Non teño interese en ter razón, nin sobre este tema nin sobre outros, nin tampouco en gañar batallas dialécticas. Expoño a miña forma de ver as cousas e que cadaquén considere se lle poden servir para as súas reflexións ou non. Non pretendo mais do que iso. Pero, ademais de confiar no que poidan dar de si as redes sociais e internet, se cadra sería necesaria un pouco de rebeldía e activismo fronte a este proceso de conformación da opinión pública que a ideoloxía dominante está conseguindo impoñer a través do argumentario de determinados medios de comunicación e organizacións.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha