Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Contos de agora. Contos de sempre (I)

É cousa sabida: a crise erosiona as clases medias e, de aí para abaixo, a moitos máis. Grupos que adelgazan en tamaño ou minguan as súas rendas por empobrecemento de moitos. Tanto máis canto máis abaixo na escala de ingresos.

O “contrato social”, estábel até ese momento, fica na promesa , e certamente nas conquistas, de progreso con cohesión social. Sobreveñen agora sociedades crecentemente desiguais e agroma certa creba do modelo social coas conseguintes incógnitas sobre do devir desa orde.

Unha orde que montou e mantivo no poder a opcións políticas centrais, hoxe fortemente deslexitimadas, pois para bastantes son consideradas artífices, cómplices ou necias incapaces de ver vir a tormenta, e moito menos parala.

Personaxes na procura de autor: una parte importante, está por ver canto, deses sectores sociais, antes no confort conformista e/ou na desmobilización propiciada, que referendaba deseguido a posición determinante desas opción centrais, e hoxe nun proceso de desmoderación, entre molestos, cabreados e coléricos.

Fornecer un novo imaxinario, construír un discurso para ese grupo, promete – xa ficou constatado noutros momentos e hoxe noutras latitudes – apreciábeis rendementos. Poder.

Para que calle o discurso é condición obvia emitilo na mesma lonxitude de onda na que sintoniza o receptor. Un receptor ao que as duras e competitivas condicións de traballo, as novas tecnoloxías da información e comunicación e a produtividade, a publicidade, a vida, acostumou e instalou no instantáneo. Apresa, apresa. Simultaneidade, instantaneidade, inmediatez, rapidez febril.

Como consecuencia imponse a necesidade dun discurso breve, simpleza de conceptos, códigos binarios 0/1, branco/negro, bo/malo. Lemas. O éxito fica na identificación inmediata do destinatario coa mensaxe, na asunción rápida do lema.

Xa que logo o siloxismo que conduza ao lema como conclusión compre asentalo en poucas, moi poucas, premisas. As premisas, síntomas, indicios nos que se sintetiza a representación da realidade deveñen os dados fulcrais, os importantes, os monotemas, os casos decisivos a resolver.

Escollidos os casos so fica a reiteración, até a saciedade. Poñelos sempre debaixo dos focos, perto dos altofalantes. Magnificalos, facelos máis grandes até convertelos en categoría, en expresión do universo real ao que dende ese momento substitúen. Fora diso o resto pouco importa. Esaxeración, hipérbole, a parte polo todo, verdades a medias, grandes mentiras.

Axuda moito nese empeño a exhibición descarnada dalgún detalle “real”, concreto, de impacto. Aí o íntimo convértese en público. Procacidade e desvergonza para facer máis ruído. Distracción. Espectáculo masivo.

A selección dos elementos importantes do conto ten en cada país ingredientes xenuínos, no fondo facilmente exportábeis coas adaptacións culturais mínimas: a grandeza e unidade da patria en perigo, os auténticos cidadáns ameazados e inseguros, os valores e cultura identitaria tradicionais e eternos en grave risco. Sermón vello que reverdece. Lembramos a Brecht: óese outra vez falar de grandeza…

Sobre o autor

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha