Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

De activistas e debates

Nesta tempada de eleccións e campañas electorais permanentes hai dous temas sobre os que me gostaría falar. Non teñades medo, non son análises postelectorais nin preelectorais. Van sobre activistas e debates.

¿Como deberiamos cualificar a quen puxo (e pon) en marcha sindicatos, organizacións ecoloxistas ou asociacións culturais e cidadás por todo o país? Quixera atopar unha palabra que as distinga das maioría das «activistas» das listas electorais.

As listas electorais de case todos os partidos, polo menos dos que se poden considerar de esquerda e/ou nacionalistas, están inzadas de persoas que no seu curriculum, longo ou breve, presentan como mérito ser «activista». Non sei quen dá as credenciais de activista nin os méritos que ten que acreditar unha persoa para ser considerada como tal. A min, dunha persoa que ten este «mérito», gostaríame saber que fai, onde o fai e que resultados tivo co seu «activismo», ben na consecución dalgunha reivindicación xusta, ben na consolidación das organizacións e movementos sociais. Non me chega coa sinxela cualificación de «activista» porque esta palabra, tal e como se utiliza nas listas electorais, semella unha maneira de encher curriculum sen aclarar demasiado o mesmo. ¿Como deberiamos cualificar a quen puxo (e pon) en marcha sindicatos, organizacións ecoloxistas ou asociacións culturais e cidadás por todo o país? Quixera atopar unha palabra que as distinga das maioría das «activistas» das listas electorais. Pero, se cadra, é porque veño doutra cultura que entendía de determinada maneira a política e os movementos sociais. E agora estamos noutro tempo que aínda non cheguei a comprender.

Outro aspecto das campañas é a aceptación do dogma que presenta aos debates electorais como a esencia da democracia. Semella que os debates electorais son imprescindíbeis para que unha campaña electoral teña o selo de democrática. Eu non concordo con esa idea. A esencia da democracia, neste aspecto concreto, é a confrontación de ideas. Considero que unha campaña electoral verdadeiramente democrática é aquela onde existe confrontación de ideas entre os diferentes partidos políticos que se presentan ás eleccións. Nese sentido, creo que hai que desmitificar os debates.

Eu considero que a quen lle interesan realmente os debates electorais é aos medios de comunicación porque proporcionan moita audiencia. E poden dedicar informativos a falar da previa e do resultado, como se fora un partido de fútbol… ou un combate de boxeo.

Os debates electorais non son confrontación de ideas senón batallas nas que se busca «gañar» con habilidades dialécticas ou tratando de descualificar as adversarias. Pouco en limpo se pode sacar dun debate a respecto das ideas que propón cadaquén polas razóns que acabo de expoñer pero tamén por problemas chamémoslle técnicos. Se o debate é entre un número reducido de candidatas/os (dous ou tres), un bo numero delas/es quedan imposibilitadas/os de expoñer as súas propostas e ideas. Se, pola contra, se dá cabida no debate a persoas que representen a todos os partidos que concorren ás eleccións, apenas hai tempo para que cada unha expoña as súas propostas. Por un motivo ou polo outro, nun debate electoral non se produce a confrontación de ideas entre todos os partidos políticos.

Eu considero que a quen lle interesan realmente os debates electorais é aos medios de comunicación porque proporcionan moita audiencia. E poden dedicar informativos a falar da previa e do resultado, como se fora un partido de fútbol… ou un combate de boxeo. Hai uns días, en plena campaña electoral, Pepa Bueno estaba entrevistando na SER ao presidente do PNV, Andoni Ortuzar. Notábase molesta porque a Xunta Electoral tumbara o debate en A3media polo recursos interpostos, entre outros, polo proprio PNV. Buscaba un pronunciamento do entrevistado dicíndolle que o debate tiña grande interese «periodístico», quitándose por esta vez a careta de «interese para a xente». Respondeulle Ortuzar que por riba do interese «periodístico» están o interese e o dereito das/os votantes a coñecer as posicións de todos os partidos que se presentan ás eleccións. Eu concordo con esta resposta de Ortuzar.

Como vedes non son partidario de debates electorais, senón mais ben de entrevistas longas e en profundidade ás candidatas e candidatos de todos os partidos que se presentan as eleccións, teñan sacado ou non representación nas anteriores, porque en cada elección a liña de saída debe ser a mesma para todos. E teñen que ter tempo dabondo para expoñer as súas ideas e propostas. Claro que isto, ao mellor, é aburrido e non ten interese xornalístico. Mais a democracia non debe ser un espectáculo e, na medida do posíbel, o voto debe ser unha decisión consciente, informada e sentida.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha