Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

De lembranzas históricas … e fútbol

Na cidade de Lugo, “entusiasmada” nos últimos tempos co baloncesto e co fútbol, hai varias pintadas que din “mais futvol, por fabor”. Nunha delas alguén corrixiu a ortografía e, pasados uns días, outras persoas (probablemente as que fixeron a primeira pintada) escribiron “¿Seica non entendes a p… retranka? Pois iso, como estes días se fala pouco de fútbol, vou falar eu un chisco.

Nesta semana, lin nun xornal de Vigo que non se lle estaba dando a importancia que merecía ao gol que marcou o xogador do Celta, Iago Aspas, coa selección española e que lle serviu para clasificarse como primeira de grupo. Coincido con esa análise. Se o gol o tivera marcado un futbolista español que xogara no Real Madrid, estaríannos falando diso durante dez anos seguidos. Pasaría á “historia” do fútbol español.

Pero agora imos falar de temas históricos mais serios. Este ano conmemóranse os cincuenta anos do maio francés do 68. A este movemento téñense dedicado moitos artigos de lembranza e análise. Sen embargo apenas teño visto artigos sobre os cincuenta anos do movemento de estudantes e obreiros/as en México que comezou en Xullo do 68 e que sufriu a tremenda represión do 2 de outubro: a matanza de Tlatelolco. Non se trata aquí de facer unha relación do que pasou. Pódese recorrer a distintas fontes de internet, mesmo a Wikipedia, ou, se cadra mellor, a escoitar as cancións de Judith Reyes que resumen a modo de crónica os feitos mais importantes daquel movemento. Moito me temo que pasará desapercibido. De feito cando trato de indagar sobre o coñecemento que se ten daqueles feitos, atópome que á xente nova non lles sona para nada, mais que tampouco os coñece moita xente da miña xeración que si lembran as Olimpíadas do mesmo ano celebradas precisamente en México .

Recordamos as loitas obreiras conmemorando o primeiro de maio de cada ano, pero, agás excepcións, non nos acordamos de moitas outras. Menos mal que en Galiza si nos lembramos do 10 de marzo. E menos mal que temos a Quilapayún para, conforme indican, contarnos aquelo que a historia non quere recordar: en decembro de 1907, na pampa, os/a obreiros/as chilenos/as do salitre (e tamén peruanos/a , bolivianos/as e arxentinos/as), declaráronse en folga e baixaron á cidade de Iquique a levar a súa reivindicación mais preto dos poderes públicos e económicos. Moitas persoas foran recluídas na Escola de Santa María e cando quixeron desaloxalas, negáronse a abandonala. Foron ametralladas e asasinadas polo exercito. Morreron centos. Algunhas fontes cifran o numero de mortes en varios milleiros. Non só folguistas, senón tamén as persoas que os/as acompañaban, incluídas nenas e nenos. Tampouco hai moita xente que ouvira falar de tan horríbel matanza, pero aínda é posíbel coñecer o que pasou escoitando a cantata de Santa María de Iquique nos vídeos de internet, quen non conserve o vinilo.

Estes son só dous exemplos, que me viñeron á cabeza ao escoitar vellas cancións, para ilustrar o feito de que acostumamos a lembrar a historia do primeiro mundo, pero non a dos países colonizados, aínda que, queiramos ou non, ten moito valor e moita influencia no resto do mundo, o que existe mais aló dos países mais desenvolvidos, ou sexa a inmensa maioría da humanidade.

Pero isto non ten moito que ver co gol de Iago Aspas ¿Ou si?

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha