Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Desilusións e ilusións

Ultimamente moitas persoas da miña idade, algunhas antigas compañeiras de organizacións políticas, téñenme expresado unha grande desilusión pola situación social en xeral e especialmente polo que consideran unha falta de compromiso da xente nova. Eu tamén participo en certa maneira dese estado de ánimo, mais é preciso arrepoñerse. Aquí deixo unhas reflexións que a min me axudan a non perder a ilusión nin a esperanza.

En primeiro lugar quero lembrar que efectivamente hoxe hai xente nova cunha mentalidade na que predomina o individualismo. Mais tamén existía noutras épocas, non hai que enganarse. Lembremos o tempo da mocidade «pasota». Mesmo na chamada transición, a xente comprometida politicamente non eramos tantos.

Tamén agora hai xente nova comprometida. Pode que non a vexamos, pero haber, haina. Se cadra porque moita está fora das organizacións sociais e políticas maioritarias. Neste sentido, creo que deberíamos ser algo mais críticos/as coa idea da «vangarda» na que moitos/as fomos educados/as e a partir da que se exerce unha grande parte da práctica social e política. Puidera ser que cando a vangarda mire para atrás para ver quen a sigue, non vexa a ninguén porque a xente vai diante. Hoxe existen moitos puntos de referencia e moita información. As bases non só van detrás senón que pensan, opinan e son protagonistas. E mesmo queren, loxicamente, levar adiante as súas ideas sexa seguindo á vangarda ou sen seguila.

Tamén houbo momentos desilusionantes no pasado desde a perspectiva política e social. Lembro cando o nacionalismo quedou reducido á mínima expresión tanto electoral como socialmente. E sen embargo pouco mais dunha década mais tarde acadaba os seus mellores resultados e a súa maior implantación social.

Hai xente e organizacións políticas e sociais que din querer unha sociedade mellor. De entre elas, as que son maioritarias, caeron (caemos) nos proxectos de moi curto prazo e semellan que esqueceron os obxectivos polos que están traballando, a medio e longo prazo. Isto deriva nunha falla de debate ideolóxico e de formación política. Ademais semella que tamén acabaron (acabamos) convencidos/as de que este é o mellor dos mundos posíbeis, de que efectivamente vivimos nunha democracia «avanzada» que só admite melloras de matiz. Pero a xente sofreu unha crise moi dura e vimos que este sistema non era capaz sequera de mirar por nós.

Pero ademais sofremos decepcións persoais. Temos visto, se cadra demasiadas veces, a persoas que din unha cousa e fan outra. Temos visto, se cadra demasiadas veces, como xente «guay» e supostamente comprometida, cando chegaba a hora da verdade, ben fora no seu traballo, no seu barrio ou na súa familia, fuxía de enfrontarse á inxustiza e mesmo actuaba deshonestamente. Pero tamén recebemos satisfaccións pola actitude honesta e comprometida de xente que ao mellor non se contaba que a tivera.

Con isto pretendo dicir que a historia colectiva como a vida persoal está chea de ilusións e decepcións. De marchas adiante e atrás. Pero sempre se acaba avanzando. Podemos estar nun tempo historicamente decepcionante e despois da vitoria electoral de Bolsonaro aínda mais. Pero outros tempos han de vir. Recuperar a ilusión, en grande medida, depende de nós (refírome ao colectivo e non ás persoas individuais). E para que non soe a recomendación de autoaxuda, vou explicalo.

Oxalá soubera a ciencia certa como recuperar a ilusión, pero podo arriscarme a dicir que ao mellor é posíbel conseguilo a través de dúas vías. A primeira é a recuperación dos obxectivos a longo prazo. A historia avanza paseniño pero de vez en cando faino con cambios bruscos e inesperados. Compre lembrar aquí a frase de Picasso: «cando chegue a inspiración (neste caso o cambio), que me encontre traballando». Por iso a segunda vía podería ser a constancia. Non estou facendo un chamamento ao traballo sacrificado e heroico senón á insistencia no debate ideolóxico.

Coa ilusión de ir sempre mais lonxe , como di Lluís Llach na súa magnífica canción «mes lluny» cando esteamos liberados do presente que hoxe nos encadea, volveremos comezar novas sendas.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha