Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

En tempos de coronavirus

Antes de nada quero expresar a miña solidariedade e, se é posíbel, transmitirlles ánimos a esa gran cantidade de persoas que están sufrindo por causa da pandemia do coronavirus.

Eu son partidario de que nos momentos álxidos dunha situación de emerxencia ou catástrofe hai que conterse nas críticas ás decisións que toman as persoas (ou institucións) a quen lle corresponde nese momento estar á fronte do colectivo afectado (ou do conxunto da sociedade). Nestes casos só cabe seguir as súas indicacións, aínda que dubidemos se acertan ou non. Existe a posibilidade de que se seguimos estas indicacións nos enganemos, pero o que si é seguro é que non seguilas levaría ao caos e produciría unha desfeita. Ao meu entender, cando ten lugar unha emerxencia ou un desastre, o momento de facer as consideracións que corresponda, no caso de que fora preciso facelas, é sempre a posteriori.

Non obstante, sen entrar en críticas sobre as medidas que está adoptando o goberno español e a Xunta de Galiza na pandemia do coronavirus e manifestando de novo que eu son partidario de cumprilas, creo que xa podo compartir algunhas reflexións sobre as cousas que vou observando ao longo destas semanas.

a) Estase creando unha psicose colectiva favorecida polo discurso das distintas autoridades e impulsada pola enorme capacidade dos medios de comunicación para inducir determinadas actitudes na xente. Un medo desmesurado vaise estendendo moito máis rapidamente que o virus. E, como xa sabemos, o medo debilita grandemente as defensas do corpo para loitar contra calquera enfermidade, neste caso contra o coronavirus.

b) Agora mesmo a medicina oficial non ten ningún tratamento que cure a COVID19. Sería o momento de probar as terapias das medicinas alternativas, esas que, con desprezo de calquera caste de razoamento científico, algunhas persoas, en nome da ciencia, se atreven a chamar “pseudoterapias” ou “pseudociencias”. Neste caso non se arrisca nada porque a xente non vai abandonar as terapias oficiais ou ortodoxas, posto que, como xa dixen, non existen para este virus concreto. E ademais dispoñeriamos de datos consistentes para avaliar a eficacia das medicinas alternativas, soas ou combinadas coa medicina oficial.

c) Non sei a orixe desta pandemia pero sabemos os efectos que produciu e que está producindo, ademais de morte e sufrimento. Por exemplo, a desaparición de practicamente todos os movementos sociais de crítica ao actual sistema económico que estaban xurdindo en todo o mundo. Ou un deterioro da economía de China sobre a que existía certo consenso en considerar que acabaría substituíndo á de Estados Unidos como a economía hexemónica a nivel mundial nun prazo máis ou menos longo. E tamén podemos intuír os efectos que producirá: o inmenso enriquecemento da empresas ou empresas que comercialicen unha hipotética vacina.

d) Expoño ademais algunhas outras reflexións moi breves:

  • Está quedando en evidencia que esa idea de que no Estado Español hai un dos mellores sistemas sanitarios do mundo non se axusta demasiado á realidade. Certamente por culpa dos recortes acumulados nestes últimos anos, mais non só por iso.
  • O sistema político-económico e o medio de vida (o noso) que deriva deste está amosando as súas enormes carencias cando se trata de pensar nas persoas e non nos cartos. E tamén que está fundamentado no individualismo e no corporativismo.
  • Aínda que non se ofrecen datos que permitan aprecialo, semella evidente que a COVID19 como outras moitas enfermidades afecta sobre todo aos territorios e clases máis desfavorecidas. Bo momento para lembrar que as fronteiras ás veces son un sistema que pretende non tanto separar coma defenderse.

– A conta do coronavirus estase coando de contrabando a difusión de determinadas ideoloxías (por exemplo “unidos podemos enfrontar mellor as crises”).

e) Eu penso que desta saímos, pero oxalá que cando o tiñamos feito non esquezamos o que nos está ensinando

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha