Estes días estase a falar moito sobre se o eucalipto é ou non é unha especie invasora. Eu non vou entrar nese debate porque hai persoas moito mais capacitadas ca min que xa o fixeron ou que poden facelo calquera día. Sen embargo boto de menos que non se poñan de manifesto coa suficiente contundencia outros aspectos da eucaliptización que non deberían ser obxecto de controversia científica, senón de controversia ideolóxica, política e/ou económica.
O primeiro aspecto a ter en conta é que a política de forestación masiva con eucaliptos non consegue mais que afondar na dependencia económica de Galiza (dependencia colonial se diría hai trinta ou corenta anos). Como ben nos recorda David Soto (1) no seu excelente e recente traballo sobre os fluxos de biomasa, na actualidade non semella que os agroecosistemas galegos teñan unha dinámica propia destinada prioritariamente a satisfacer as necesidades do país, xa que, pola contra, a principal función dos mesmos é a de ser os principais provedores de produtos forestais e gandeiros para o Estado Español. Polo tanto a eucaliptización non só é un problema ambiental, senón político-económico xa que se expande para servir necesidades alleas e non necesidades propias.
O terceiro aspecto é a contribución da eucaliptización á desertización do medio rural. As plantacións de eucalipto reducen as necesidades na xestión da terra xa que a práctica indica que o traballo que se emprega no mantemento deste cultivo é mínimo. Isto leva a que haxa pouca necesidade de mao de obra para atender ás terras plantadas con eucalipto e que, como consecuencia, exista menos necesidade de mao de obra no rural. Crean, polo tanto, condicións favorábeis para que a xente o abandone.
En terceiro lugar, compre non esquecer que as plantacións de eucalipto son un certo xeito de acaparamento de terras, é dicir unha maneira de quitarlle aos seus donos/as a propiedade das mesmas. Non tanto a propiedade legal pero si a real.
En relación co anterior atopamos que se incide moito en que fai falla un ordenamento forestal. Como si agora non houbera ordenamento forestal! Algunha instancia política e económica, ou varias, está facendo un ordenamento forestal que se ten amosado eficiente no cumprimento dos seus obxectivos e moi útil para os seus intereses. O problema non é a falla de ordenamento forestal senón a existencia dun ordenamento forestal que favorece uns intereses e prexudica outros. Desde o meu punto de vista os que saen prexudicados son os intereses actuais e, sobre todo os futuros, dunha maioría da poboación do pais.
O debate pois non é si o eucalipto é bo ou mao, porque as dúas cousas son certas. É bo para uns colectivos e mao para outros. A cuestión a dilucidar é para quen é bo e para quen é mao. E despois obrar en consecuencia.
(1) Soto Fernández, D. (2015) . “Del manejo multifuncional del territorio a la desarticulación produtiva: cambios en los flujos de biomasa durante el proceso de industrialización de la agricultura gallega (1960-2012)” . Sociedad Española de Historia Agraria – Documentos de Trabajo. DT-SEHA 1505 . ISSN: 2386-7825
(2) Harnecker, Marta. 1976. Los conceptos elementales del materialismo histórico. Siglo veintiuno editores, S.A. ISBN: 84-323-0101-1976
Yo soy agricultor y tengo eucaliptos, y siento no estar de acuerdo con su opinión. El eucalipto tiene muchos problemas, pero, hoy por hoy produce dinero .
La gente del campo producimos lo que el mercado demanda, de hecho, el eucalipto financia otras actividades agrícolas y ganaderas mas deficitarias que serían insostenibles sin su apoyo. La gente, la mayor parte de las veces por candidez, nos señala todo tipo de alternativas al eucalipto que según su opinión serían mejores para Galicia, el problema es que la mayor parte de la gente que opina son personas que no han cultivado nunca nada en su vida, no saben lo que es una explotación agrícola y proponen alternativas que ellos mismos nunca llevaron a cabo. Desde un cargo político o desde una universidad es muy facil ver defectos en lo que hacen los demás.
Por último, yo, y la gente que me rodea, no sabemos a que viene esta manía de que la gente no plante eucaliptos en terreno agrícola, si el terreno es tuyo y no puedes o no quieres cultivarlo es la mejor opción, pero hoy en día vamos a un mundo donde la Xunta quiere decidir lo que vas a plantar en tu terreno, y con esto, uno no puede decir que es propietario de un terreno, será gestor o otra cosa, pero propietario no.
Unha ha de eucaliptos da uns beneficios brutos de 100 euros ó mes. O cal é unha trapallada. A única razón para plantalo é porque é un cultivo cómodo e rápido.
O eucalipto é un cultivo forestal polo tsnto non se pode prsntar nunha parcela agraria a non ser que a Xunta conceda o cambio de actividade.
Ter a propiedade de algo non te permite facer o que queiras nela. Acaso podes construir unha casa onde te pete? Podes tirar basura? Podes vender a terra e deixar a parcela na rocha nai? Non.
O gran problema é que as plantacións de eucaliptos non pagan os danos medioambientais e sociais que producen, se o fixeran ninguén o prantaría e isto sucede porque os cargos públicos da Xunta prefiren gobernar un pais de merda.