Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Historia de Mulleres I

Esta é a historia dunha familia, pero sobre todo, é una historia de mulleres. Creo que, nestes tempos, non está de mais lembrar o papel que xogaron (e xogan) as mulleres neste país, xa que aínda que ten algo de ficción, no fundamental esta é unha historia real.

Ramona naceu a mediados do século XIX posibelmente en Bergantiños, dunha familia ben asentada economicamente e de ideas progresistas. Naquela época era moi raro que unha muller tivera acceso á educación e que traballara fóra da casa, pero Ramona conseguiu ser mestra e mais dunha vez amosou o seu espírito reivindicativo diante das autoridades. Tivo unha filla de solteira, chamada Felisa. Casouse e tivo tres fillos mais. A nena Felisa foi dada en adopción, forzada pola posición da sociedade do seu tempo respecto destes casos.

Ramona chegou de mestra a unha pequena aldea do interior chamada Alnois. Fixo amizade cunha muller chamada Rosaura que andaba de lugar en lugar vendendo alimentos e outras mercadorías. Un día informoulle que morrera a nai adoptiva de Felisa e que agora o seu pai adoptivo valíase dela para pedir esmola. Ramona pediulle que a trouxera á súa casa-escola e alí criouna como se fora a súa afillada. Anos mais tarde, a mesma Rosaura díxolle a Felisa “tes que saber que estas vivindo coa túa nai”. Tiña Felisa daquela vinte anos.

Ramona intentou que a súa filla cursara estudios pero ela non quixo. Sen embargo ensinoulle a ler, escribir e outros coñecementos, algo excepcional nesa época onde as mulleres, na súa maioría, estaban condenadas a ser analfabetas.

Felisa casou cun labrego da aldea chamado Xosé. Este home emigrara a Cuba con quince anos coa idea de ser herdeiro da súa madriña, unha rica “hacendada”. Pero iso non gustaba a outros posíbeis herdeiros que lle facían a vida imposíbel e mesmo chegaron a agredilo. Xosé debeu comprender o perigo que corría si permanecía alí. Volveu para Galiza e aquí casou con Felisa.

Mais na súa terra tamén ía ter problemas. Non sabía ler nin escribir e algúns dos seus irmáns enganárono quedándose coa herdanza que lle correspondía. Sen terra para cultivar, a familia non podía sobrevivir. A intervención de Felisa foi providencial e conseguiu que Xosé lle escribira ao seu irmán Manuel, que tiña emigrado a Arxentina, para que lle permitira cultivar as terras da súa propiedade que, ao estar fóra, non traballaba. En realidade foi a propia Felisa quen escribiu a carta porque, como dixemos, Xosé era analfabeto.

Ben fora porque Manuel era de bo corazón, ben fora porque Felisa escribiu unha carta moi convincente, ou ben fora por ámbalas dúas cousas, o caso é que Manuel respondeu cedéndolle a propiedade das terras a cambio dunha manta e dunha faixa. En lugar de confiar na capacidade de Felisa, Xosé, que ao parecer aínda non escarmentara, volveu acudir a un dos seus irmáns para que lle mercara os encargos e llos enviara a Manuel. Este irmán mercou unha manta de moi baixa calidade. Cando se decataron do que acontecera, Xosé recorreu, agora si, a Felisa, e os dous foron á vila para mercar a mellor manta que se podían permitir. Se cadra será mais axeitado dicir que mercaron mesmo a que non se podían permitir. E enviáronlla a Manuel a Arxentina. (No próximo artigo continuará a historia)

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

1 comentário

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha