Non vou volver insistir no debate sobre terapias alternativas e oficiais. Cadaquén ten a súa opinión e todas son respectábeis se parten da honestidade intelectual. A miña xa a din hai un mes neste mesmo blog no artigo: “¿Pseudociencias ou fundamentalismo científico?”. Non penso seguir polemizando nin pretendo gañar debates. Se lle serviu a alguén para reflexionar xa me dou por satisfeito. E senón… pois tamén. Se hoxe quería volver sobre o tema é pola recente presentación do “Plan de Protección de la Salud frente a las Pseudociencias” por parte da ministra de Sanidade e do ministro de Ciencia. O que pretendo analizar non é a valoración que fan do que chaman “pseudociencias”, senón a valoración que deixan translucir sobre o que é a ciencia e a democracia.
O Plan semella que pretende implantar unha nova Inquisición. Outorgase á “ Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias” a competencia de determinar que é ciencia e que é “pseudociencia”.
Hai mais de trinta países que teñen recoñecida a homeopatía. A estratexia da Organización Mundial da Saúde (OMS) sobre Medicina Tradicional alenta aos Estados membros a recoñecer nos seus sistemas de saúde o papel desta que tamén define como medicina non convencional. Pero o Estado Español ten o seu propio criterio: non só evita recoñecer estas terapias senón que lle pon todas as trabas posíbeis para que non se practiquen .
O Plan semella que pretende implantar unha nova Inquisición. Outorgase á “ Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias” a competencia de determinar que é ciencia e que é “pseudociencia”. Dito doutra maneira, haberá un tribunal que decida quen é herexe e quen non. E, por suposto, se a sentencia é que existe herexía, as ideas serán prohibidas e as persoas castigadas. Pero diso xa se ocuparán concellos (véxase o de Vigo), universidades, institucións autonómicas e o propio Ministerio de Sanidade.
Agora comezan implantando o poder de repartir credencias de “científico/a” e de “herexe”. Pero mañá pode ser que continúen a repartir credenciais para decidir quen é “demócrata” e quen non, para sinalar a quen “defende a convivencia” e quen a pon en perigo…
En resumidas contas, agora xa non se trata de saber quen ten a razón neste debate, senón de que hai quen se arroga a capacidade de decidir quen a ten, dito doutro xeito, de impoñer a “verdade” por lei. Ou o pensamento único, diga o que diga o ministro astronauta. O ministerio da Sanidade e o de Ciencia ben poderían fundirse nun “Ministerio da Verdade” como o que ideou George Orwell.
Agora comezan implantando o poder de repartir credencias de “científico/a” e de “herexe”. Pero mañá pode ser que continúen a repartir credenciais para decidir quen é “demócrata” e quen non, para sinalar a quen “defende a convivencia” e quen a pon en perigo, para decidir cal é o “feminismo bo” e cal é o “mao”, para determinar o que é “xenofobia” e o que non o é. E máis.
Con independencia do que cadaquén pense sobre as medicinas non convencionais, mesmo se se é moi crítico/a con elas, non se debería permitir que saia adiante un Plan destas características.