Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Non se entende a diferenza

Nunhas viaxes fóra do país, fun testemuña, xunto coa compañeira, de dous feitos que me parecen moi clarificadores de determinadas actitudes que se están observando ultimamente. Estando nun restaurante en Catalunya entrou unha señora que, ao pasar, saudou as persoas que estaban nunha mesa dicindo: “buenos días”. Unha das persoas da mesma contestoulle moi amigabelmente falando en español : “buen dia, porque aquí decimos así”. A señora que acababa de entrar enfadouse moito e retrucou : “pues yo estoy más a gusto diciendo buenos días”.

Despois, xa na súa mesa, o seu cabreo continuou e espetoulle a unha acompañante: “porque yo soy de Madrid”.

Como se ve o problema non era que non entendera o idioma catalán porque lle contestaron en español. O problema era outro.

Hai algo mais de tempo estabamos en Porto e sentámonos nunha terraza na Ribeira. Ao lado estaba unha mesa con un grupo de persoas españolas. Cando o camareiro veu preguntar que querían tomar, pedíronllo en español. O camareiro posibelmente os entendeu, pero nunha actitude moi digna, valorando o seu, fixo que non os entendía. Despois dun rato conseguiron que tomara nota do pedido, pero nunca fixeron o intento de utilizar o portugués ou de solicitar que o camareiro lles axudara a entenderse. En todo momento, con aires de superioridade, trataron de que falara o español. Despois de atendelos veu onde nós a ver o que queriamos. Procuramos entendernos con el co pouco que nos defendíamos en portugués e con outro pouco de galego. Conseguímolo sen demasiado problema. Cando o camareiro marchou a polas consumicións, o grupo de españois, aos que a nosa actitude seica que non lles pareceu ben, dirixíronse a nós para criticar ao camareiro por non saber español e gañarnos para a súa causa de impoñer este idioma en Porto. Non o conseguiron por suposto.

Non vou cometer a inxustiza de considerar que todas as persoas españolas teñen esta actitude. Sen embargo creo que estes dous feitos poden ser síntomas reveladores do porqué de determinadas actitudes. Hoxe en día en que a ideoloxía do imperialismo (ou supremacismo) español deixou de estar agachada en case todos os partidos políticos e medios de comunicación españois e se expresa nuns e noutros, mesmo con chularía, non está de mais tentar explicar os porqués. Non se trata de que non se entenda outro idioma, sexa galego, catalán, euskera ou portugués. O que non se entende é a diferenza como quedou claro no primeiro dos casos que contei, porque a persoa enfadouse a pesar de que lle falaron en español. O que non admitiu foi que o saúdo fora diferente en Catalunya que en España. Por outra banda, moitas veces, o que se pretende é anular a diferenza mediante a imposición do seu, que consideran superior como se pode deducir do segundo dos casos.

Enfiando con isto mesmo, quero deixar dúas últimas reflexións, dirixidas sobre todo ás persoas e organizacións consideradas progresistas. A primeira é a seguinte. Para que distintas persoas ou colectivos teñan iguais dereitos non teñen que ser necesariamente iguais. Desde o meu punto de vista, unha sociedade igualitaria non é a que trata por igual a quen é igual, porque isto é o normal en calquera comunidade. Unha sociedade igualitaria é a que trata por igual a quen é diferente respectando esa diferenza. A segunda reflexión, complementaria da anterior, é esta outra. Cando se aplican tratos diferentes a persoas ou colectivos que son iguais estase cometendo unha inxustiza. Pero tamén se comete unha inxustiza (en moitas ocasións se cadra maior) cando se aplican tratos iguais a persoas ou colectivos que son diferentes. Habería que explicar mais longamente estas reflexións para que se entenderan mellor, pero isto levaríanos a falar da diferenza entre igualdade e xustiza e iso xa é tema para outro artigo.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha