Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Opinións dun usuario do transporte público

Hai pouco na estación de autobuses dun dos maiores centros urbanos de Galiza fun coller un coche de liña para ir á miña cidade. Chegou a hora na que debía saír e o autobús aínda non estaba na dársena que lle correspondía. Finalmente saíu pero con varios minutos de atraso causando a quen viaxabamos nel trastornos de maior ou menor importancia en función do que cadaquén tiña que facer en Lugo. Días antes un coche de liña que facía o mesmo traxecto que o anterior e era directo detíñase nunha das paradas oficiais que hai neste centro urbano onde había varias persoas agardando para subir nel. O condutor díxolles: “este vai cheo tedes que esperar polo das xxxx” (agardar polo coche de liña das xxxx significaba chegar con horas de atraso porque saía máis tarde e non era directo senón que ía facendo paradas durante o percorrido). Alguén que non colla os coches de liña con asiduidade pode pensar que estes feitos son anécdotas, mais non o son. Prodúcense a miúdo. Un medio de transporte que presta un servizo público debe ser rápido pero o máis importante é que teña frecuencia dabondo e moita puntualidade. Os feitos que acabo de relatar son indicios de que isto non se cumpre e lévanme a facer algunhas reflexións.

Un transporte público que funcione axeitadamente é fundamental para comunicar as cidades e vilas galegas, cohesionalas, equilibrar a calidade de vida entre elas e impulsar os necesarios intercambios de todo tipo entre os e as súas habitantes. É vital para salvagardar o medio ambiente e imprescindíbel para manter un medio rural habitado e vivo.

Alguén pode pensar que nun país como o noso onde a poboación está tan dispersa é moi difícil ter un transporte público que a comunique como debera, case imposíbel. Non obstante eu teño comprobado persoalmente como en Suiza ou no Norte de Portugal, por exemplo, onde os asentamentos poboacionais tamén están diseminados polo territorio, téñense posto en practica alternativas de transporte ferroviario para conseguir comunicalos. Non son partidario de copiar solucións ideadas noutras zonas sen analizalas pero quero poñer de manifesto que unha boa comunicación en países ou zonas de poboación dispersa pódese conseguir sexa cun medio de transporte ou con outro. Nese sentido hai que lembrar que os coches de liña son o medio máis utilizado polas persoas con un nivel económico medio-baixo.

O funcionamento dos coches de liña na nosa terra corrobora o deterioro que están sufrindo os servizos públicos prestados por empresas privadas como se pode observar tamén en sectores como a sanidade. O estado dos autobuses é moitas veces lamentábel e a superexplotación do persoal leva a xornadas e condicións de traballo que son un risco para as persoas usuarias e convértense nun verdadeiro perigo para as mesmas.

Por outra banda este funcionamento dos coches de liña dos que dei exemplos no comezo deste artigo mostra outras dúas cousas máis.

En primeiro lugar amosa a falacia do argumento que sostén que a privatización crea competencia e isto mellora os servizos públicos. Cando había un certo número de pequenas empresas de autobuses estes problemas dos que acabo de falar case non existían. A privatización do transporte de viaxeiros desembocou nunha situación onde un número moi reducido de grandes empresas controlan o mesmo e son as únicas que prestan o servizo en practicamente todas as rotas. A consecuencia foi que os problemas se dispararon.

En segundo lugar mostra que cando se fai a concesión dun servizo público a unha empresa privada o labor das organizacións e institucións políticas non se debe limitar a decidir a que empresa se lle adxudica a concesión e/ou a vixiar o proceso que conduce a esta decisión, senón que debe haber un control do funcionamento do servizo feito a miúdo e de maneira continuada que sexa exhaustivo e, se fora o caso, leve á toma de medidas para que o servizo se preste adecuadamente e responda realmente ás necesidades da cidadanía.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha