Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Organizacións: unidade ou convivencia?

Nos próximos tempos escoitaremos e falaremos moito da unidade de forzas políticas ou movementos sociais. Avecíñanse eleccións. Isto vólveme facer pensar sobre esa especie de dogma que consiste na continua repetición de que a falta de unidade das organizacións é castigada por parte da xente. Un dogma que só favorece ao poder estabelecido que é a quen lle interesa transmitir a unidade como valor, porque é interpretada como adhesión inquebrantábel ao xefe, indispensábel para levar adiante o seu proxecto.

É certo que a unidade de acción é importante mais tamén semella evidente que a transformación social é unha tarefa colectiva que non será posíbel senón aceptamos a discrepancia como valor. Aquelas persoas ou organizacións que queren (queremos) cambiar algo, son discrepantes por definición, porque discrepar da orde estabelecida é condición inseparábel do cambio. Poucos avances se deron (e se dan) no campo social e das ideas sen estar baseados nunha discrepancia, nunha herexía, por outra banda habituais na nosa vida diaria, familiar, laboral e social. De feito aquelas organizacións que perseguen unha transformación social, estanlle pedindo á xente que sexa discrepante co sistema vixente. Mais é unha contradición tratar de convencer ás persoas de fora da organización ou institución de que a discrepancia é un valor e, sen embargo, dentro, condenala explícita ou implicitamente.

Outra necesidade é abandonar o obxectivo da “derrota”. A estratexia de “derrotar á adversaria/o política/o” é moi propia do autoritarismo.
Aprender a convivir de xeito que se combine simultaneamente discrepancia (e debate de ideas) con unidade de acción aínda é unha materia pendente nas organizacións e particularmente nas de esquerda que, estas si, necesitan atopar unha solución para avanzar nos seus proxectos. Pero o asunto non se resolve con “modelos” ou regulamentos, porque, sobre todo, é unha cuestión de actitude individual e colectiva. As organizacións que non o consigan quedarán expostas as críticas, fagan o que fagan. Se dan prioridade á unidade, serán criticadas porque non se permite o debate de ideas, e se se fan publicas as diferenzas que existen dentro da organización, serán criticadas por non ter unidade.

É fundamental que a sociedade vexa positiva esta combinación de discrepancia e unidade de acción, xa que iso significaría precisamente contradicir a ideoloxía dominante. Ademais, melloraría a percepción dos gobernos de coalición nas institucións e do traballo dos movementos sociais. Se non se da este cambio de percepción, non será doado traballar conxuntamente ao tempo que se transmite á sociedade as posicións propias de cadaquén, algo que pode contribuír decisivamente a reducir as inevitábeis tensións que se producen nestes casos.

Outra necesidade é abandonar o obxectivo da “derrota”. A estratexia de “derrotar á adversaria/o política/o” é moi propia do autoritarismo. Vémolo estes días coas posicións a respecto de Catalunya ou mesmo da disolución de ETA. Pero as organizacións de esquerda tamén a aplican, se cadra coa idea, atinada ou non, de que é mellor reaccionar utilizando os mesmos métodos. E faino tanto na sociedade, fronte aos adversarios/as políticos, como internamente fronte aos compañeiros ou compañeiras que manifestan ideas diferentes.

Non hai receitas para o desenvolvemento das sociedades (a ser posíbel mais xusto, equitativo e humano) que sexan válidas para todo tempo e lugar.
Sen embargo, se o que se pretende é un cambio de opinión das persoas coas que se debate, será necesario convencelas e non derrotalas nin sequera dialecticamente, agás excepcións. Mais non só. Calquera proceso de cambio, incluído o cambio de opinión, ten que empezar porque a persoa recoñeza que estaba equivocada (algo que a todo o mundo nos custa). Pero este convencemento tampouco é suficiente. Para que se dea un cambio é preciso finalmente que atope un ambiente favorábel onde sexa ben acollida con independencia das súas posicións anteriores e actuais.

A pesares de que Lluís Llach dicía ben alto nunha das súas cancións que “No ens cal ni volem guanyar”, acostuma ser bastante habitual querer que as nosas ideas “gañen” e derrotar, cando menos dialecticamente, a quen non as comparte. Esta busca da derrota é, precisamente, a que, en moitas ocasións, a fai inviábel, xa que produce unha reacción que non facilita o convencemento nin o cambio de opinión. Non se trata de facer ver a enorme fosa que separa as distintas posicións, senón cal é a ponte pola que se pode atravesar.

Non hai receitas para o desenvolvemento das sociedades (a ser posíbel mais xusto, equitativo e humano) que sexan válidas para todo tempo e lugar. As propostas de medidas políticas, económicas e/ou sociais, sobre todo se son novas, necesitan ser contrastadas na práctica, o cal obriga a unha continua avaliación das mesmas e do seu desenvolvemento, indispensábel para comprobar se serven aos obxectivos propostos e ademais se están adaptadas a unha realidade continuamente cambiante. E isto só pode ter éxito se as organizacións atopan un xeito de convivencia que faga posíbel que esta avaliación sexa realmente un traballo de equipo onde todos os puntos de vista se teñan en conta, en maior ou menor medida. É a mellor garantía, aínda que non a única, de que o pensamento colectivo vai dar coas solucións mais axeitadas a cada momento.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha