Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Para lembrar a Ramón Muñiz

Cando hai mais de corenta anos cheguei a un local no casco vello de Santiago sen apenas luz, onde se reunía, aínda na clandestinidade, aquel reducido grupo de persoas que formaban, de facto, a dirección nacional das Comisións Labregas, levaba comigo moita timidez e bastante medo. Cometín a irresponsabilidade de preguntar diante de todo o mundo e en voz alta por M… (un alias dos que se utilizaba naquelas épocas). Da escuridade saíu unha voz que con un ton entre cabreado e comprensivo díxome “senta aí, anda, senta aí”. Era a voz de Ramón Muñiz que acaba de morrer hai uns poucos días. Aínda que nos últimos anos apenas o tratei, pensei que debía escribir algo sobre el, pero, a verdade, non sei moi ben que dicir no pouco espazo dun artigo.

Só quero deixar constancia dalgunhas cousas para a xente nova que se cadra non o coñeza e para a xente que só coñece unha parte da historia. Resulta obvio afirmar que na dirección dos procesos sociais e políticos sempre participan mais dunha persoa. Pero podemos dicir que Muñiz foi o artífice fundamental da celebración das Xornadas Agrarias durante varios anos. Tamén tivo unha intervención moi significativa no relanzamento do Sindicato Labrego despois de que este pasara por unha dura etapa. E sobre todo quero lembrar, que Muñiz foi, sen dúbida, o verdadeiro creador das Comisións Labregas e/ou dos Comités de Axuda á Loita Labrega, que para o caso, naquelas tempos non deixaba de ser o mesmo. E, sen embargo, cando estaban en pleno apoxeo, amosando o éxito da súa dirección, foi relevado desa responsabilidade.

O seu papel tamén foi moi importante na Irmandade Moncho Valcarce, na creación do BNG, no impulso de movementos sociais ou dun xornalismo galego. Pero eu xa non vou falar diso aquí, porque teño a esperanza de que agora se reivindique ese papel (alguén xa o está facendo), aínda que é unha magoa que non se fixera en vida como merecía. Ao fin, por unhas razóns ou polas outras, nunca ocupou un posto de referencia para a opinión pública a pesares de que estou seguro que o país o agradecería.

O que si quixera é falar da súa calidade humana. Do seu traballo silandeiro e continuado onde non había lugar para o rancor. Nin respecto aos/as compañeiros/as nin respecto á xente en xeral. Fora o que fora o que tivera acontecido no pasado. Pero sobre todo quero resaltar un dos seus trazos persoais, polo menos cando eu o tratei, que era a fraternidade que amosaba coa xente coa que traballaba. Unha característica que hoxe non é doada de atopar entre as persoas que loitan polas mesmas ideas, nin sequera dentro das organizacións políticas e/ou sociais.

Conto con levar a Ramón Muñiz moito tempo na miña memoria non como lembranza morriñosa do pasado senón para que me axude no futuro que queda por vivir e construír.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha