Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Pedra seca

En Galiza foi e segue sendo habitual desenvolver unha política consistente en adaptar o territorio ás maquinas e non as máquinas ao territorio. A destrución dos valados de pedra e das sebes foi sistemática en moitas zonas. Sen embargo noutros países, hai anos que comezaron a valorar as denominadas construcións de pedra seca (que non usan argamasa) identificándoas como unha herdanza ancestral respectuosa co medio ambiente, froito dunha grande competencia técnica e do uso racional de enerxía e materiais, segundo se di no memorando da Xuntanza de Tarragona [1].

Hai arredor de corenta anos, os franceses C e J.M. Lassure [2] fixeron un chamamento a favor da conservación das construcións en pedra seca que definiron como obras arquitectónicas, rurais, anónimas e populares. Hoxe en día, existen asociacións de defensa deste tipo de construcións por todo o mundo. Só como exemplo podemos citar a”Coordinadora d’Entitats per la Pedra Seca” en Catalunya, a “Dry Stone Wall Association ” en Irlanda, a “Dry Stone Conservancy” nos Estados Unidos ou a “Fondation Actions en Faveur de l’Environnement” en Suíza. En Abril de 2017, Europa Press [3] informaba de que a candidatura da técnica de construción da pedra en seco se tiña presentado formalmente á Unesco para ser avaliada en 2018 como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, coa participación, ademais do Estado Español, de distintos países como Chipre, Grecia, Croacia, Suíza, Bulgaria, Francia ou Portugal

Os valados de pedra seca son infraestruturas contra a erosión e corredores migratorios favorecedores da biodiversidade.
As construcións de pedra seca en Galiza non se reducen aos valados. Existen moitas outras. Nos soutos encontramos ouriceiras ou corripas como as que se poden ver no Courel ou nos Oscos, sequeiros de castañas como se observan preto do mosteiro de Santa Cristina (Ribeira Sacra) ou en Mostaz (Courel).

Posibelmente a conservación deste patrimonio teña que vir pola confluencia de varias iniciativas. Pódeselle buscar utilidade para este século como nos casos que foron restaurados para poñer algún tipo de servizo ou negocio. Tamén son un recurso turístico.
No monte podemos atopar construcións de pedra seca relacionadas co pastoreo como as cabanas de alzada (Ancares), cabanas para almacenaxe de herba seca (Courel), cabanas de pastores (Xurés), chozos (serra do Suído), curros ou currais, depósitos de auga e tamén alvarizas ou cortíns e mesmo foxos do lobo como os que existen preto do cabo Vilán, en Covelo, Riós, Cotobade e outros. Xa mais preto das aldeas, atopamos hórreos, muíños, mazos, … E ademais, en moitos sitios, os sistemas de aproveitamento da auga a base de pozas, utilizando os camiños como infraestrutura de condución de auga, ademais de viaria. Seguro que me esquezo dalgunhas construcións ou lugares pero sirvan estes de exemplo.

Posibelmente a conservación deste patrimonio teña que vir pola confluencia de varias iniciativas. Pódeselle buscar utilidade para este século como nos casos que foron restaurados para poñer algún tipo de servizo ou negocio. Tamén son un recurso turístico como se pode comprobar na Ribeira Sacra ou nos concellos que teñen trazado rutas de sendeirismo aproveitando a existencia duns sequeiros. Mais non só. Segundo Cerdà [4] e Sorolla [5] os valados de pedra seca son infraestruturas contra a erosión e corredores migratorios favorecedores da biodiversidade. O seu mantemento mesmo pode ter utilidade ao abeiro das novas ideas sobre bioconstrución ou xestión sustentábel, etc. Os hórreos e as infraestruturas para a recollida da auga poden ser un exemplo. Existen moitas posibilidades, pero o primeiro é tomar conciencia do seu interese desde distintos puntos de vista.

Referencias:

[1] Memorándum sobre la protección del patrimonio cultural de la piedra en seco. Jornadas Europeas de la piedra en seco. Tarragona- 5 e 6 de xullo de 2002. En http://www.catpaisatge.net/dossiers/pedra_seca/esp/iniciatives.php
[2] Lassure C, and Lassure, J.M.. 1977. L’architecture rurale en pierre sèche de la France. En https://www.pierreseche.com/LARPS1977.html
[3] Europa Press . “La candidatura de la construcción de la piedra en seco, presentada formalmente a patrimonio de la Unesco” ( 17-04-2017) En http://www.europapress.es/illes-balears/noticia-candidatura-construccion-piedra-seco-presentada-formalmente-patrimonio-unesco-20170417174502.html
[4] Cerdà, A. La erosión del suelo y sus tasas en España .2000 En http://www.um.es/gtiweb/allmetadata/erosion%20suelo.htm
[5] Sorolla Edo, A. El paper biològic dels murs de pedra seca. En https://www.naturalea.eu/armari/naturalea:naturalea/2/el_paper_biologic_dels_murs_de_pedra_seca.ca.pdf

Imagem: moinhos de vento de Abalo | galiciamaxica.eu

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

1 comentário

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha