Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Peifoque

Nos últimos anos por motivos de saúde paso moitos días nunha casa a escasos oito quilómetros da Praza do Obradoiro en liña recta. O seu contorno aínda é rural. É conveniente que saia a andar todos os días e mais ou menos así o facemos a compañeira e mais eu, chova, xee, faga sol ou arriscándonos a pasear nos días de caza. Nesta tempada puidemos observar como se está eucaliptizando o país, pero tamén moitos animais silvestres. A medio quilómetro da casa atopamos cun formidábel exemplar de xabarín correndo cara nós, fuxindo dos cazadores. E alí preto, no río, está case sempre a garza. Tamén puidemos observar esquíos, miñatos e corzos. A menos de dous quilómetros vimos dous raposos, un deles, sorprendentemente, dunha impactante cor branca. Non sei de onde puido saír pero dificilmente pasa desapercibido. Por iso, agardo que non sexan abatidos neses campionatos de caza de raposos que comezan estes días, coa colaboración entre outros da Xunta de Galiza e Ence.

Esta é unha chamada de atención para que se lle preste mais atención aos animais e, en concreto, aos animais non domesticados. Xa hai quen os defenda, mesmo un partido político, pero aínda queda moito que facer para que esta sociedade tome conciencia de que tamén sofren e senten. E ademais de que todos somos necesarios para o equilibrio da natureza.

Pero eu quero falar hoxe sobre todo dun paxariño que aquí coñecen como peifoque e noutros lugares como paporroibo. O ano pasado case todos os días nos saía ao paso o peifoque. Cantaba e pousábase nas gallas das arbores que bordean o camiño, sempre no mesmo sitio. A compañeira falaba con el, saudábao e despois o peifoque marchaba a dar unha volta. Neste ano volve estar aí. E diredes ¿por que sabedes que é o mesmo? … Pois porque estamos convencidos de que si, e para nós xa é suficiente. Dicía que este ano o peifoque volve estar no mesmo sitio e tamén nos sae ao paso, pero agora ten mais confianza ou reclama mais atención, non estou seguro. O caso é que se por ir falando ou calquera outro motivo levamos o despiste con nós e non o saudamos, o peifoque situase mesmo diante dos nosos pés sobre as follas caídas dos carballos. E necesariamente temos que saudalo.

Un día o peifoque situouse riba dun varelo delgadiño á altura dos meus ollos, a menos de medio metro de min. Estiven charlando un pouco con el, pero cando quixen achegarme marchou outra vez a dar unha volta. Non lle gosta que lle fagan fotos. Cando me ve enfocalo co móbil, bota a voar e agáchase. Agardo que non lle pareza mal que poña unha foto súa, a única que fun capaz de facerlle, como ilustración deste artigo.

Cando nos costa saír a andar, a esperanza de ver ao peifoque é para nos un aliciente que nos dá ánimos. E cando sae ao camiño levamos unha alegría.

Din que pola candeloria casan os paxariños. Xa queda pouco e ao mellor xa non volvemos ver o peifoque. Pero confío en que si, porque o ano pasado até puidemos coñecerlle o niño, porque este ano retornou para saudarnos e porque creo que xa fixemos amizade. Longa vida aos peifoques e demais animais que comparten con nós esta terra.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

1 comentário

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha