Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Que é o medio rural hoxe en día?

Cando falamos do medio rural, teño a sensación de que temos na cabeza o medio rural que coñeciamos. Para algunhas persoas é un medio rural con casas de labranza que practican unha agricultura que se chamou de subsistencia e se considerou atrasada aínda que os estudos históricos mais ou menos actuais conclúan que foi unha das mais produtivas de Europa. Para outras persoas de recordos mais recentes o medio rural está inzado de explotacións gandeiras, sobre todo leiteiras.

Sería un erro considerar que aquelas persoas que oficialmente só teñen o medio rural como lugar de residencia están alleas tanto á actividade agraria como a xestión do territorio. Sobre todo as mulleres.

Desde o meu punto de vista temos a idea dun medio rural que xa non existe ou que perdeu moitas (se cadra só algunhas) das características que o definiron nun pasado máis ou menos inmediato. Sería necesario ter unha boa caracterización do mundo rural galego de comezos do século XXI. Entre outras cousas para poñer en práctica políticas o máis axustadas posíbel á realidade. Pero a contestación á pregunta: que é o medio rural de Galiza hoxe en día? non é doada. Eu non o sei, sen embargo vou tentar deixar aquí unhas cantas ideas, algunhas delas sacadas do libro O pequeno é grande escrito xunto a Emilio Carral Vilariño [1].

A afirmación de que a inmensa maioría das persoas que traballan no sector agrario viven no rural é certa, pero a viceversa non o é. A maior parte das persoas que viven no medio rural non traballan no sector agrario. Segundo un estudo propio só o 15% das/os habitantes do medio rural se dedica profesionalmente á agricultura, mentres que o 61 % traballa no sector servizos, o 14% na industria e o 10% na construción. Os datos coinciden cos que ofrece o Instituto Galego de Estatística para as Zonas Pouco Poboadas [2].

O medio rural é o territorio onde se asenta unha grande parte das clase traballadora galega, á que posibelmente poidamos volver chamar simbiótica.

Sería un erro considerar que aquelas persoas que oficialmente só teñen o medio rural como lugar de residencia están alleas tanto á actividade agraria como a xestión do territorio. Sobre todo as mulleres. Algúns datos poden dar idea do que estamos a falar. Por exemplo, na comarca de Santiago de Compostela cultívanse o 9% das hortalizas de Galiza cando a súa superficie agraria é só o 3 % do total. Na comarca de Vigo cultívanse o 4% das hortalizas do país cando a súa superficie agraria apenas chega ao 1 % do total.

Posibelmente o noso medio rural de comezos do século XXI sexa o resultado dun proceso que se foi dando a nivel europeo e que Oliveira Baptista (3) sintetiza así: «perda de peso da agricultura na economía e na sociedade, deixando de hegemonizar a utilização do espaço, tendência para a homegeneização da cultura e dos modos de vida rural e urbano, emergência da questão ambiental e procura da natureza por parte da população urbana».

O medio rural é o territorio onde se asenta unha grande parte das clase traballadora galega, á que posibelmente poidamos volver chamar simbiótica. O seu centro de traballo habitual pode estar nas cidades ou vilas, pero no medio rural teñen a súa residencia e, en maior ou menor medida, cultivan a terra en pequenas parcelas.

A actividade agraria, a pesares de que xa non hexemonice o espazo, segue a ser condición necesaria, aínda que non suficiente, para a existencia dun medio rural vivo. E, se cadra, o rural, un rural diferente do que temos interiorizado, está máis vivo do que nos parece.

Referencias
[1] Carreira Pérez, X.C. e Carral Vilariño, E. 2014. O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: O caso galego. Santiago: Através Editora / AGAL.
[2]- Instituto Galego de Estatística (IGE). Panorama rural urbano. Información pra Galicia segundo o grao de urbanización. En https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/PRU_S_2_Afiliacions%20a%20seguridade%20social_Sector.html
[3] Oliveira Baptista, F. 2001. Agriculturas e territórios. Celta editora. Oeiras.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha