Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Que votan as persoas con sentimento de galeguidade?

En tempos, o CIS facía cruzamentos entre o recordo de voto e o sentimento de galeguidade ou españolidade. Agora creo que xa non o fai. Polo tanto vou expoñer os resultados dun pequeno estudio que fixen xa hai tempo a partir dos datos dunha enquisa deste Centro correspondente ao ano 2005 que se refería á lembranza de voto nas eleccións xerais do ano 2004. A situación en relación co que pretendo analizar neste artigo non creo que teña cambiado moito.

De acordo con estes cruzamentos que facía o CIS, o colectivo de persoas que se consideraban unicamente galegas ou máis galegas que españolas representaban o 34% do electorado. Para entendernos podemos cualificalas como persoas con sentimento nacionalista que, como é sabido, non é exactamente sinónimo de conciencia nacionalista. En calquera caso parece lóxico pensar que aquí estaría a curto prazo a potencial base social do nacionalismo galego. Desagregando máis, pódese comprobar que o 27% do electorado do PP se integraría neste grupo, así como o 31% do electorado do PSOE e o 45% do de EU. Finalmente o 66% das persoas que votan organizacións nacionalistas (daquela practicamente en exclusiva o BNG) encadraríanse dentro deste colectivo. Aínda que se cadra esta última cifra nos pode impulsar a facer determinadas reflexións pois talvez algunhas persoas consideren que non é suficientemente alta, globalmente estas porcentaxes semellan ter certa coherencia.
Non obstante, se facemos outro tipo de análise, a fotografía e a percepción poden ser algo diferentes. Apenas o 23% das persoas que se sentían unicamente galegas ou máis galegas que españolas votou a organizacións nacionalistas, mentres que o 77% restante decantouse por outras alternativas: o 39% votaron ao PP, o 35% ao PSOE e o 3% a EU. En valores absolutos, naquelas eleccións, aproximadamente 180.000 persoas que forman parte da potencial base social do nacionalismo galego votaron a organizacións políticas non nacionalistas.

Se non convence este estudio do CIS ao mellor paga a pena acometer a realización dun novo sobre as mesmas cuestións. Tamén hai que dicir que posibelmente estes datos non serian os mesmos se en lugar de facer cruzamentos co recordo de voto en eleccións xerais se fai co recordo de voto en eleccións autonómicas. Agora ben, ao meu entender, aproxímanse á realidade o suficiente como para permitir sacar xa algunhas conclusións cualitativas. Entre elas estas que expoño a continuación.

En Euskadi e en Catalunya, a porcentaxe de persoas con sentimento de pertenza e estes países coincide practicamente coa porcentaxe de persoas que votan ás distintas organizacións nacionalistas que existen nos mesmos. Porén, semella que o sentimento nacionalista en Galiza é mais transversal do que moita xente pensa. Isto é unha característica diferencial do noso país que, ao meu entender, obriga ao nacionalismo galego a dispoñer dunha estratexia propia. Unha estratexia que pode coincidir ou non coincidir coa que seguen noutras nacións do Estado Español ou do mundo, por moito que as admiremos.
Supoño que non fará falta aclarar que estes datos, por suposto, admiten distintas interpretacións e valoracións. Eu aquí só pretendo poñelos riba da mesa por se se quere reflexionar sobre eles.

Mais aló disto, a cuestión clave é determinar se é posíbel construír o futuro dun país en liberdade namentres a base social susceptíbel de apoialo teña a dimensión e o comportamento político que reflicten estes datos. Dito doutra maneira, a principal interrogante é: Baixo que condicións é posíbel exercer a soberanía?

Desde o meu punto de vista ao nacionalismo galego non lle vai quedar máis remedio que mesturarse coa xente participando das súas loitas, das súas esperanzas e das súas expectativas. E a partir delas, nunha relación dialéctica co pobo, configurar unha maioría social. E construír un proxecto nacional para Galiza fuxindo da tentación de monopolizalo ou de rifar pola capitalización do mesmo. Iso implica que as organizacións nacionalistas deberían reflexionar sobre cal debe ser a estratexia a respecto das organizacións que non son nacionalistas pero que son votadas por unha significativa cantidade de persoas que podiamos encadrar na base social do nacionalismo.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha