Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Reflexións despois dun paseo pola Ribeira Sacra

Estes días atrás, fomos dar un paseo pola Ribeira Sacra co fin de ensinar esta zona a unha persoa que a descoñecía porque, a pesar de ser galega, leva moito tempo fora do país.
Visitamos o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz e alí puidemos observar como eran os ríos antes de construír os encoros e as barcas que utilizaban para comunicarse dun lado a outro. O río non era unha barreira que impedira a comunicación. O mesmo ocorre noutras zonas do pais. Hoxe o Courel ou os Ancares semellan lugares mal comunicados. Os ríos Sil e Miño na Ribeira Sacra ou as montañas orientais, semellan barreiras infranqueábeis. Pero non foron así no pasado. Estas eran zonas cunha economía de certa importancia que se comunicaban coas limítrofes. A barreira infranqueábel hoxe en día é a do abandono por parte dos poderes políticos e económicos.

Tamén puidemos constatar o impacto ambiental, económico e psicolóxico dos encoros. Eu considero que non hai que estar mirando continuamente ao pasado, senón mirar ao presente e ao futuro a partir da realidade actualmente existente. Pero tamén creo que hai que coñecer e, sobre todo, non esquecer o que pasou con actuacións de tipo colonial como estas. O territorio e a poboación galega apandou (e apanda) cos custes ambientais, económicos e sociais dunha actuación destinada a cubrir necesidades alleas ao país. Porque en calquera momento isto pode volver pasar, se cadra podemos dicir que xa está pasando se pensamos por exemplo da megaminería contaminante.

Puidemos comprobar as infraestruturas turísticas para xente de alto poder adquisitivo. En Santo Estevo ou no Campo de Golf do balneario de Augasantas. Aínda que, despois, estes/as turistas de alto poder adquisitivo vaian comer polo mesmo prezo que os veciños/as e traballadores/as da zona nos restaurantes de sempre. Fixemos o paseo nun momento onde a afluencia turística afortunadamente era escasa, pero en todos os lugares advertíronnos que noutras épocas xa existe unha grande masificación. O exceso de turismo é sen dubida un problema, na Ribeira Sacra ou en Compostela, na praia que agora chaman das catedrais ou nas illas Cíes. Abordar este tema é complexo, ben o sei, porque hai visións moi distintas sobre el. Pero nalgún momento haberá que facelo combinando prudencia e firmeza nas decisións que se tomen para acadar os obxectivos que se propoñan. Isto é doado de dicir pero difícil de facer, tamén o sei. Pero haberá que intentalo.

Vimos como existe moita xente que non traballa oficialmente no sector agrario pero que non é allea á agricultura nin á xestión do territorio. Segundo a guía do Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, antes dos encoros as hortas producían nos vales até tres colleitas de tomates, feito que, ao parecer, abraiaba os enxeñeiros que se desprazaron alí para dirixir a construción dos encoros. Hoxe segue habendo moito cultivo de horta, porque a zona segue sendo moi produtiva, aínda que non tanto. Pero tamén, por suposto, hai moito cultivo de videiras. E puidemos comprobar o excelente viño non etiquetado que alí producen este tipo de persoas.

Esta é unha realidade que admite distintas interpretacións. E seguramente haberá valoracións da mesma tanto negativas como positivas. Admitindo as distintas perspectivas, o certo é que constitúe unha realidade que haberá que ter en conta, nun sentido ou noutro, para deseñar e aplicar as políticas dirixidas ao medio rural desta zona e doutras en Galiza.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha