Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Reflexións persoais sobre o “público” e a xente “preparada“

Son partidario de defender o público porque é o instrumento que temos para cambiar as políticas. Pero esta defensa ten que ir unida á defensa dos intereses da maioría, e particularmente da xente mais desfavorecida, porque potenciar o público é condición necesaria pero non suficiente para lograr este obxectivo.
Nestes días de cambio de goberno no Estado Español, non sei se de cambio de políticas, escoito falar moito de que é mellor o público que o privado e tamén da importancia de que se elixa para os cargos a xente “preparada”. Hai tempo que veño reflexionando sobre estes temas e hoxe vou compartir algunha destas reflexións.

Son un firme defensor do público e afírmoo con claridade para que non haxa dúbidas. Dicía nun artigo anterior que acredito na existencia dunha contradición principal entre as persoas que queren un mundo mais xusto e as que o queren unicamente para que lles sirva de beneficio. En moitas ocasións se quere reconducir esta contradición principal cara outras contradicións secundarias. Neste caso reducíndoa a unha simple contradición entre o público e o privado. Isto paréceme un erro intencionado.

A clase dominante neste sistema tenta utilizar calquera medio, sexa público ou privado, ao servizo do seus intereses, sen importarlle se iso produce sufrimento ou discriminación dunha maioría da poboación. Polo tanto, compre non esquecer, que o que importa no é só a quen pertence un organismo, institución ou empresa senón o control do que se fai, como se fai e a que intereses serve. É nese sentido como debería enfocarse o asunto. En moitas ocasións público e privado serven aos mesmos intereses. Outras veces o público serve prioritariamente só para que as persoas que traballan nel ascendan na súa carreira profesional e no seu nivel de vida.

As persoas elixidas para os distintos cargos deben saber o máximo posíbel daquilo do que se van ocupar e non só aparentalo. En todo caso, deben ter capacidade de aprender. Pero a súa xestión vai depender fundamentalmente da súa ideoloxía.
Son partidario de defender o público porque é o instrumento que temos para cambiar as políticas. Pero esta defensa ten que ir unida á defensa dos intereses da maioría, e particularmente da xente mais desfavorecida, porque potenciar o público é condición necesaria pero non suficiente para lograr este obxectivo.

Estes días tamén escoitei falar moito da boa elección que fixo Pedro Sánchez ao nomear a Pedro Duque, como ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, xa que aparentemente é unha persoa moi preparada e coñecedora do sector. Eu lembrei aquel debuxo de Castelao onde un home di : “contan que é listísimo como avogado” e o outro contesta pois logo…peor aínda”. E tamén lembrei o que dixo Francisco Tomás y Valiente , alumno que recibiu un premio á excelencia académica na Comunidade de Madrid: A calidade educativa non pode reducirse á excelencia académica, senón que comporta outro elemento esencial, a equidade”. Aos poucos días, os mesmos medios de comunicación e sobre todo as redes sociais facíanse eco das palabras do novo ministro animando á escola privada a correr diante da escola pública.

Considero que as persoas elixidas para os distintos cargos deben saber o máximo posíbel daquilo do que se van ocupar e non só aparentalo. En todo caso, deben ter capacidade de aprender. Pero a súa xestión vai depender fundamentalmente da súa ideoloxía. Sen dúbida, é moi importante estar “preparado/a” para ocuparse adecuadamente de calquera asunto. Pero hai algo mais importante, ou se cadra previo, que é ter a vontade de combater a inxustiza e a desigualdade.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha