Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Responsabilidades e gasto público

Neste verán ocorreu un grave accidente en Vigo. No momento de escribir este artigo aínda é un acontecemento recente e andan a debater de quen foi a responsabilidade de que pasara o que pasou. Non pretendo aquí entrar nese debate nin sequera na sinxela esixencia de responsabilidades e de investigación. Xa hai quen o fai, lexítima e atinadamente, e agardo que teñan éxito. Pretendo aproveitar para falar, por unha banda, de responsabilidades en xeral, e pola outra, de como se gastan os cartos públicos.

A responsabilidade acostuma ser do conxunto do sistema. Iso non quere dicir que non haxa responsábeis con nome e apelidos, mais tamén debe ser cuestionada a estrutura, a organización e o propio modelo político, económico e técnico.
Nestes poucos días, xa lin máis dun artigo e máis dunha declaración dicindo o que é obvio: que hai que abrir unha investigación e esixir responsabilidades. Mais non vin quen formule en que medida é o propio sistema o causante desta situación, aínda que é posíbel que alguén o fixera.

É moi habitual buscar responsabilidades individuais para o bo ou para o mao. Sobre todo na confrontación política pois, non sei por que motivo, unha dimisión ou un cese no bando adversario é considerado unha vitoria. Eu creo que existen responsabilidades individuais, mais normalmente non dunha soa persoa e non sempre son unicamente dos cargos políticos. A responsabilidade acostuma ser do conxunto do sistema. Iso non quere dicir que non haxa responsábeis con nome e apelidos, mais tamén debe ser cuestionada a estrutura, a organización e o propio modelo político, económico e técnico. Por exemplo, a responsabilidade das/os técnicas/os (un colectivo do que eu formo parte) é moi importante. Moitas veces desprezan a observación da xente. Moitas/os consideran que a técnica e a ciencia que estudaron está por riba da sabedoría popular acumulada durante séculos; algo que eu non comparto. Cando se proxectou a autovía do Cantábrico, a xente da comarca da Mariña Central e a Terra Chá, especialmente Mondoñedo e Abadín, advertiu de que non deberían levala polo alto do Fiouco porque era unha zona moi acometida ás néboas. Mais, por razóns que descoñezo, non lle fixeron caso ás/aos habitantes daquelas comarcas dun remoto sitio chamado Galiza. E así, hoxe, a autovía está pechada pola néboa case mais días dos que está aberta. Mais dá a impresión de que non se aprende dos erros.

É moi habitual tamén que se empreguen os cartos públicos en obras que poidan lucir e inaugurarse. Mais despois apenas se gasta no mantemento, porque non se pode vender da mesma maneira. Unha vez escoitei a un alcalde queixarse de que a súa xestión non era recoñecida mentres que a doutro era louvada. Dicía máis ou menos: «claro, eu fixen obras fundamentais para a cidade pero están baixo terra e non se ven, mentres que el fixo menos pero son visíbeis ». Algo de razón tiña neste aspecto concreto. O mantemento das obras é dese tipo de gastos que algunha (ou moita) xente considera que son cartos tirados desde o punto de vista da rendibilidade política. Porén, é fundamental para a calidade de vida e a seguridade.

En resumidas contas, un novo accidente, e xa empezan a ser demasiados. Agardo que se determinen as causas e as responsabilidades que houbese, e, sobre todo, agardo que se recuperen sen demasiadas secuelas as 428 persoas feridas das que se ten coñecemento no momento de escribir este artigo.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha