Os xitanos chegaron á Península Ibérica por dous camiños diferentes. Procedendo da mesma orixe, situada sen dúbida no subcontinente indio, uns percorren o Magreb e Exipto, cruzan o Estreito de Xibraltar e esténdense por Andalucía e Castilla. Os outros son cíngaros europeos que arriban a Barcelona en 1430 portando unha pátina cultural bizantina, húngara, boloñesa, provenzal.
Peret (Pedriño) conta nun documental sobre a súa música que os xitanos de Cataluña son diferentes aos do sur. A palabra é sagrada para eles e non arrastran estigma. Cando se pasan ao catalán din que falan caló. Sentinme discriminado por ser xitano? pregúntase. Si… dúas ou tres veces, di. Nunha ocasión o farmacéutico díxome que non me vendía os remedios. Por que non mos quere vender? Pois moi sinxelo, porque é vostede xitano. Ah… claro… respóndese Peret cunha modulación de fracaso humano colectivo. Pero foron tres veces, remata, moitísimas menos que as que me sentín discriminado por ser catalán, iso desde logo.
Les tziganes. Jean-Paul Clébert.
Cuchíbiri, Cuchíbiri. La rumba de Peret. Carles Prats.
Gitanos Cataláns. Xavier Gaja.
Parabéns polo artigo e polo blogue!!
Como diriam os de Xerais: “Botábase en falla!”