Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Sanidade e Universidade: ¿as mellores?

A ministra de Sanidade, Carme Montón, dimitiu por non saber dar explicacións convincentes sobre supostas irregularidades denunciadas nos seus estudos de mestrado nunha universidade (URJC). Isto sérveme de pretexto para abordar neste artigo os dous asuntos que se mesturan neste tema: sanidade e universidade.

En primeiro lugar, quero lembrar algo do que xa teño falado en artigos anteriores. Moitas veces, aséntanse na sociedade, como verdades incuestionábeis, algunhas ideas que necesitarían de maior reflexión. Neste caso refírome as crenzas de que temos unha das mellores sanidades do mundo e/ou de que as universidades son excelentes. Falase de índices e rankings que se aceptan acriticamente sen cuestionar os intereses con que se elaboran e a súa adecuación á nosa realidade concreta. Pero sempre hai que mellorar. E podemos encontrar motivos para a análise crítica nos dous campos.

Nesta tempada no meu contorno e eu mesmo puidemos comprobar a parte boa e a parte mala deste sistema sanitario. Unha sanidade que se preocupa de facer unha boa cirurxía e que esquece as necesidades “menores” pero fundamentais para despois da operación, como as rehabilitacións. Unha sanidade que pon o énfase na curación e na prescrición de fármacos en lugar de poñelo na prevención. Unha sanidade así non pode ser motivo de autocompracencia.

Unha sanidade non pode ser boa á marxe da situación socio-económica da sociedade na que actúa. Nese sentido, a sanidade en Galiza nunca será boa se non se planifica e xestiona en coordinación con outras políticas que melloren o benestar das persoas.

Cada vez mais xente recorre hoxe ás terapias chamadas alternativas e por algo será, xa que mesmo pagan por elas. A ex-ministra é unha grande detractora do que ela chama pseudociencias. Noutro artigo falarei deste tema, pero neste quero salientar o feito de que persoas que amosan tan pouco interese pola aprendizaxe e polo rigor científico, como se demostra na súa actitude no mestrado e no TFM, se atrevan a desautorizar terapias que moita xente está utilizando, porque a sinxela constatación desta realidade condúcenos a formular como hipótese mais probábel aquela que sostén que efectivamente funcionan. E hai que analizala con rigor para confirmala ou rexeitala.

Tamén habería moito que falar das universidades, pero quero limitarme a dicir que non entendo como non se entra a fondo no tema dos mestrados porque xa hai moitos datos para poder facelo. Para deslindar aqueles que merecen a pena e os que non, pero sobre todo para ver o que hai de verdade na idea de que é necesario facer un mestrado, calquera que sexa, para ter un traballo ou ascender profesionalmente. Non concordo con esta idea e creo que se debe desmitificar a validez indiscriminada dos mestrados e só darlle prestixio a aqueles que verdadeiramente o merezan.

Centrándonos en Galiza considero que compre facer un cuestionamento de carácter xeral. Unha sanidade non pode ser boa á marxe da situación socio-económica da sociedade na que actúa. Nese sentido, a sanidade en Galiza nunca será boa se non se planifica e xestiona en coordinación con outras políticas que melloren o benestar das persoas.

O mesmo podiamos dicir das universidades. Unha universidade cuxa actividade non repercuta na mellora social da xente do seu país, por moi ben situada que estea nos rankings, non se pode considerar unha universidade excelente. Aquí tampouco pode haber motivo para a autocompracencia.

Estes dous servizos públicos, sen dúbida, teñen unha boa base para, partindo dela, perfeccionalos. Pero hai que poñerse a facelo sen dar por suposto, nestes casos concretos, que “vivimos no mellor mundo posíbel”.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha