Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Tres reflexións máis sobre a imposición ideolóxica

Neste mesmo blog, nun artigo anterior, falei da comunicación e a ideoloxía. Daba conta de tres exemplos para indicar que a ideoloxía dominante está tratando de impoñer o seu esquema de pensamento na xente. Hoxe quero continuar con outras tres observación ou reflexións na mesma liña e que xorden a raíz dalgúns acontecementos dos últimos días, das conversas escoitadas en viaxes de autobús e dalgún pequeno debate.

A primeira reflexión lévame a recordar aquelas asembleas nas que me tocou participar no rural hai corenta anos mais ou menos. Case non lembro ningunha na que non se deran as dúas intervencións típicas por parte dalgunha das persoas asistentes: «non somos unidos» e «todos os partidos son iguais». Case sempre quen o dicía pretendía desunir e en moitas ocasións formaba parte da base social de determinado partido político. Pero tiñan audiencia e había que empregarse a fondo para tratar de desmontar a estratexia que estaba detrás destas expresións. Hoxe hai novas fórmulas para esta mesma estratexia. Estase impoñendo moitas veces a visión de que a unidade e a equidistancia son valores elevados. A equidistancia respecto das controversias políticas así como a unidade que moitas veces se reclama entre as distintas forzas, por exemplo na lembranza dos atentados de hai un ano en Catalunya, non son mais que a actualización daquel: «todos os partidos son iguais». Pero non todos son iguais e, por outra banda, a equidistancia diante das inxustizas é a aposta por non enfrontalas, é dicir, por deixar que se manteñan.

A segunda reflexión é sobre a españolización da xente en Galiza, particularmente preocupante na xente nova. Case sen darnos conta foise intensificando e hoxe é mais doado que moitas galegas e galegos falen do que acontece ou do que se di en Madrid ou en calquera outro sitio de España, que do que acontece en calquera cidade, vila ou aldea do noso país. O punto de referencia das súas vidas non está Galiza. E as/os creadoras/es de opinión tampouco.

E agora que vai empezar de novo a liga de fútbol hai que lembrar, como terceira reflexión, o papel do deporte en todo isto. Eu (que algo gosto do deporte) pensaba que era o novo «opio do pobo». Había un director dun programa deportivo de moita audiencia que teorizaba e defendía sen complexos o papel do deporte como anestesia ou analxésico fronte aos problemas da vida das persoas que o escoitaban. Non sei se o segue facendo porque xa non o escoito. Sen embargo, nos últimos tempos, estoume decatando de que máis que o opio do pobo, en realidade é un elemento transcendental de control e imposición ideolóxica e non só na exaltación do nacionalismo español, senón tamén dos valores da ideoloxía dominante, transmitida de distintos xeitos, en mais dunha ocasión a través de certos/as deportistas de elite convertidos/as previamente en mitos e ídolos a imitar.

De todas maneiras eu teño esperanza en que dun xeito ou doutro acabaremos rebelándonos contra esta imposición porque na rúa e no autobús tamén se escoitan ideas e se ven actitudes que dan pé a esta esperanza.

Imagem: Real Madrid | CC-BY-NC-ND, Arxiu Nacional de Catalunya via Europeana.eu

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha