Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Unidade e discrepancia

Existe unha especie de dogma que consiste na crenza de que a falta de unidade nas organizacións políticas se paga electoralmente. A unidade visualizase así como un dos grandes activos das mesmas, aínda que moitas veces agoche enfrontamentos e/ou asoballamentos.

A convicción de que os partidos e organizacións políticas deben dar sensación de unidade porque do contrario non serán ben vistas socialmente favorece principalmente ao poder establecido. É a este a quen lle interesa transmitir que a unidade constitúe un valor esencial porque esta unidade se interpreta como adhesión inquebrantábel á xefatura e, en consecuencia, convértese nunha idea clave, mesmo imprescindíbel, para o seu proxecto e, sobre todo, para conservar o seu dominio ideolóxico.

Aquelas persoas ou organizacións que queren cambiar algo son discrepantes por definición porque discrepar da orde establecida é condición previa e inseparábel do cambio. Moitos avances sociais xurdiron (e xorden) dunha herexía, dunha discrepancia que, por outra banda son habituais na nosa vida diaria, familiar, laboral e social.

Non hai dúbida de que a unidade de acción é fundamental mais, por outra banda, semella evidente que as transformacións sociais son froito dun labor colectivo que non se desenvolverá axeitadamente mentres non se acepte que a discrepancia tamén é un valor.

As organizacións que queren impulsar cambios no modelo social actual tratan de conseguir que a xente discrepe do mesmo. Pero isto só será posíbel se a maioría da sociedade deixa de considerar a discrepancia coma unha actitude sempre rexeitábel con independencia dos motivos que a provocan. E, por conseguinte, comeza a percibir que, en máis dunha ocasión, a discrepancia tamén pode ser positiva. Ademais, estas organizacións non terán credibilidade cando insten á xente de fóra das mesmas a discrepar do modelo social se dentro delas existe unha valoración negativa das actitudes discrepantes.

Combinar simultaneamente a unidade de acción coa discrepancia e o debate de ideas aínda é unha materia pendente na esquerda a pesar de que xa se leva moitos decenios discutindo sobre a maneira de conseguilo. Non obstante, é absolutamente crucial que a maioría da xente asuma como positiva esta combinación. As organizacións que non sexan capaces de transmitir isto quedarán expostas ás críticas, fagan o que fagan. Se dan prioridade á unidade serán criticadas porque non se permite a discrepancia e se fan públicas as distintas ideas dentro da organización serán criticadas por non ter unidade nin tampouco un proxecto recoñecíbel para a sociedade.

A combinación axeitada entre unidade de acción e discrepancia (ou debate de ideas) aínda non se resolveu de maneira satisfactoria ao meu entender talvez porque ten moito que ver cos valores éticos e coas actitudes que teñen as persoas. Tanto ou máis que cos modelos organizativos. O problema das organizacións non é só un problema de unidade, senón que é, ante todo, un problema de convivencia. Por exemplo, hai que aprender a convivir procurando non utilizar o erro como un pretexto para «cargarse» o adversario ou adversaria política. Por exemplo tamén, hai que convivir de tal xeito que os debates se produzan non co obxectivo de «gañar a batalla» (aínda que sexa dialéctica) senón para conseguir a elaboración dun pensamento colectivo. Ou se cadra tamén, un entendemento. É dicir facéndolle caso a Lluis Llach cando no seu Un himne per non guanyar di: «nin nos fai falta, nin queremos gañar».

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha