Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Verán

Estamos no verán, unha época do ano sobre a que teño sensacións e sentimentos contraditorios. As lembranzas de neno teñen que ver coa calor e con días de moita luz, mais tamén con noites cada vez mais longas, coas cereixas nas cerdeiras e ademais cunhas tardes onde o tempo semellaba deterse. Cando iamos á casa da familia da miña nai, o cal faciamos con certa frecuencia, lembro as horas de sesta obrigada para as persoas adultas que tiñan que ocuparse dos longos traballos de verán no agro (herba seca, seitura,…). Para min, de neno, eran horas de aburrimento que non daban pasado.

O verán é tempo de viaxar. Para min unha boa viaxe é aquela onde se pode desfrutar do camiño, do percorrido para chegar ao destino.

Lembro pois o verán como un tempo de traballo e calma. Sen embargo, nos veráns que estou a vivir na actualidade observo como a xente sae (saímos) a divertirse polas noites, vai (vamos) a festas, concertos e outras actividades, a praias con “chiringuitos” de música enxordecedora, viaxa e fai turismo, entre outras cousas. Iso sen esquecer ás persoas para as que esta é unha época de traballo, a veces de intenso traballo. En todo caso, hoxe en día o verán é un tempo de moita extraversión e actividade.

A min en certa medida góstame esa actividade pero desfruto co aburrimento. É mais, considero que de vez en cando é necesario aburrirse. Mesmo facelo a miúdo.

O verán é tempo de viaxar. Para min unha boa viaxe é aquela onde se pode desfrutar do camiño, do percorrido para chegar ao destino. E se, polas razóns que sexan, non se pode, cando menos tentar desfrutar do final do camiño. Non o paso moi ben consumindo aceleradamente puntos de interese turístico en calquera lugar de destino, se non podo parar con tranquilidade a observar, tomar algo e, porque non, descansar. Pero cadaquén ten o seu propio xeito de viaxar e non serei eu quen llo cuestione sempre que sexa respectuoso co medio ambiente.

O verán é tempo de lectura de libros pero en ocasións seméllame que existe un certo consumismo da literatura. Aínda que non sempre, vexo moitas persoas que elixen lecturas tipo “best seller” ou en función do argumento xa que consideran que isto é o mais importante. Para min, sen embargo, un libro ben escrito é aquel que se desfruta da lectura mais aló do argumento ou con independencia do mesmo. Pero, como dixen antes con respecto ás viaxes, cadaquén ten os seus propios gustos na lectura e non teño nada que dicir sobre iso.

Finalmente o verán é tempo de macroconcertos e praias ateigadas. Vaia por diante que a min non me gustan as aglomeracións de xente. Partindo desta posición previa eu considero que, se cadra, é necesario reconducir estes macroconcertos e ese abarrotamento das praias. Non quero dicir que sexa absolutamente imprescindíbel convertelos en miniconcertos e praias semi-baleiras. Como en moitas ocasións, é unha cuestión de equilibrio. Eu entendo que nestes casos o equilibrio crebou e como ocorre case sempre cando isto se produce acaban por orixinarse graves problemas de impacto ambiental ademais dun gasto que en boa medida ten que ser cuberto co diñeiro público.

Como vedes o verán tamén me provoca algunhas reflexións. Pero sobre todo, como dixen, para min é un tempo de sentimentos e sensacións contraditorias que, por suposto, non teñen por que coincidir coas vosas. Cadaquén vive o verán ao seu xeito. Saúde pois.

Imagem de Dazzle1975 em Pixabay

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha