Estes días atrás, fomos dar un paseo pola Ribeira Sacra co fin de ensinar esta zona a unha persoa que a descoñecía porque, a pesar de ser galega, leva moito tempo fora do país. Visitamos o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz e alí puidemos observar como eran os ríos antes de construír os encoros e as barcas que utilizaban para comunicarse dun lado a outro. O río non era unha barreira que impedira a...