Nos últimos anos por motivos de saúde paso moitos días nunha casa a escasos oito quilómetros da Praza do Obradoiro en liña recta. O seu contorno aínda é rural. É conveniente que saia a andar todos os días e mais ou menos así o facemos a compañeira e mais eu, chova, xee, faga sol ou arriscándonos a pasear nos días de caza. Nesta tempada puidemos observar como se está eucaliptizando o país, pero...