Estamos no verán, unha época do ano sobre a que teño sensacións e sentimentos contraditorios. As lembranzas de neno teñen que ver coa calor e con días de moita luz, mais tamén con noites cada vez mais longas, coas cereixas nas cerdeiras e ademais cunhas tardes onde o tempo semellaba deterse. Cando iamos á casa da familia da miña nai, o cal faciamos con certa frecuencia, lembro as horas de sesta...