Para ordenar os carros dos supermercados, un señor arxentino incorporoulles un artefacto pequeno no que se mete unha moeda e resolveu o asunto. Un militar aragonés pendurou tiras de tea no remate dun pau, colocou unha cesta no balde da auga de fregar o solo e desta maneira rematou cun sufrimento das mulleres, case tan duro como lavar a roupa durante o inverno, abolido polo inventor da lavadora...