A viaxe con máis frecuencias partía da casa. Baixábamos o Rato deixando Lugo ás costas e encarábamos Castelo. O asfalto remataba nunha estrada de terra, con fochancas tan fondas e vellas que as sabíamos de memoria. Despois dunha hora afrontábamos con decisión e prudencia unha costa que permanecía xeada durante semanas. Estaba antes de entrar en Castroverde, onde se descansaba do traxecto, na casa...