Xa percibo os hábitos que visten a cidade. Esa muller nova, case anciá, repítese constantemente ante a tenda pequenísima, que poucos visitan. Mira extraviada, saúda, ás veces esmola e ás veces non. Se non pide non lle dou. A tendeira protéxea e por iso permanece alí. Un rapaz bébedo, arrandeando sempre sen distanciarse do seu bar, moribundo de alcohol, sen sosego, móvese a todas as horas algo...
Fluencias
Tomabamos as pílulas despois da media noite. Na saliña había dúas mesas con flexos. A concentración era moi intensa ás tres horas, duraba outras dúas, máis lentas, e esmorecía ao amencer. Alguén de nós conseguiu unha receita médica moi sobada, pouco presentábel, que prescribía Dexedrina Spansule 15 mg.. Dezaseis horas sen pausa. A facilidade para asumir, sen barreiras. A intelixibilidade e o...
En sosego
Abandonei o escritorio e as butacas e busquei acomodo na cociña. Desde a última morte reconfórtame a dureza das cadeiras. Cambiei para aquí sen decidilo. Sen consciencia de buscar. Precisamente para este centro. Devólveme a casa da infancia. O ruído da neveira cando se acende. Difíreme o pensamento. E oio o boureo de todos. Na brasa da placa eléctrica. Revivo a entrada deles, desde as outras...
Así
Cando entrei na sala de manualidades tremíanlle as mans. Nunca lle pasara. Restableceuse ao cabo dun instante, aínda que continuou asustada. Refregueina para que collese calor e serenouse de todo. Ao outro día, cando volvín pola tarde, deitárase no cuarto cunha manta por riba. Comentamos que a xanela era moi fermosa, co xardín meténdose para dentro. “Hei traer un caderno, debuxamos un plano...