Felisa e Xosé tiveron dous fillos e unha filla. Cando as tres eran aínda unhas criaturas, Xosé emigrou de novo. Andaba malgastando o patrimonio familiar e unha das súas irmáns díxolle un día : “vai dar unha volta polo mundo, anda”. Sexa por esta razón ou porque lle apetecía, volveu marchar para Cuba. Na casa quedou Felisa, cargando con todo o peso e o traballo dunha casa de labranza, criando ela...

