Xa non lembro con claridade cal foi a personaxe e en que película pronunciou aquela frase que se fixo famosa (hoxe diríase viral non si?): “o concepto é o concepto”. Pois ben, a min dáme a impresión de que en moitos casos o concepto non é o concepto. É dicir que o concepto non foi ben asimilado. Vou poñer catro exemplos. O primeiro é sobre o uso das máscaras que se xeneralizaron coma unha medida...