Onte levei os tenis a pegar. O zapateiro é agradábel e fala con énfase, porque lle preocupa o mundo. Díxenlle que Eric Hobsbawm escribiu un ensaio, onde explica que os zapateiros, ao longo dos tempos, gañaron unha notábel reputación como radicais políticos. En Francia eran moi propensos á folga. Apareceron de primeiros nos tumultos do Campo de Marte e na Comuna de París destacaban por riba dos...