
Pasáramos toda a tarde nos cafés, despois fomos aos bares e á noite visitamos o Gaiola, o Matisse e o Modus. Manuel tiña un Citroën dyane 6 vermello cheo de molles por todas as partes, que tamén bailaba moito. Ficara estacionado diante do Yohakin, mentres nós estivéramos dentro, buscando con ansia música e luces eléctricas. Bebíamos coñac sen engadidos e fumábamos haxix, buscando proporción no...