Está por ver se un tal discurso devén hexemónico ou canta importancia acada e, por tanto, con que forzas contan os contrincantes e en que termos concretos se han producir as contendas. Incerteza sobre canto do vello vai morrer, e como, e até onde chegará o novo que está por nacer. Mais tamén preocupación diante dos riscos evidentes: Riscos políticos. Unha vez trazadas as liñas vermellas que...
Contos de agora. Contos de sempre (I)
É cousa sabida: a crise erosiona as clases medias e, de aí para abaixo, a moitos máis. Grupos que adelgazan en tamaño ou minguan as súas rendas por empobrecemento de moitos. Tanto máis canto máis abaixo na escala de ingresos. O “contrato social”, estábel até ese momento, fica na promesa , e certamente nas conquistas, de progreso con cohesión social. Sobreveñen agora sociedades crecentemente...