![](https://i1.wp.com/vivacerzeda.com/wp-content/uploads/2023/04/ghsergas5255413331.jpg?fit=720%2C358&ssl=1)
Levo máis tempo do habitual agardando que me dean cita en oncoloxía do CHUS. Unha cita que estaba prevista para comunicarme os resultados da resonancia de control que me fixeron hai varias semanas co fin de detectar se volve haber algún indicio de cancro. Hai uns días dixéronme que aínda non tiña data para ela. Fun ao “Servizo de atención ó doente” e fixen unha reclamación expoñendo a situación e...