O poeta advirte: non se debe volver a onde se foi feliz, as desfeitas do tempo terán erguido muros contra dos que estoupa, estupefacta, a ilusión. Fun á vila, visita de médico, coma sempre dende hai anos. Alí xa tanto é pasado para min. Os do clan que se foron, noutrora protección e cariño, hoxe na paz do cemiterio que fita de fronte para os cumes tesos. Os amigos de vello e aquela alegría e...



