Nunca amosei medallas ao mérito, ademais teño poucas. Neste artigo vou ensinar algunha, para que non se entenda como unha agresión ao feminismo o que escriba despois. Comezo polo elemental. Son home, heterosexual e simple, tanto no hetero como no sexual. E (pero?) teño conciencia da desigualdade da muller desde hai case medio século. Iniciouse co apoio a reivindicacións importantísimas, como que...
O silencio
Pasáramos toda a tarde nos cafés, despois fomos aos bares e á noite visitamos o Gaiola, o Matisse e o Modus. Manuel tiña un Citroën dyane 6 vermello cheo de molles por todas as partes, que tamén bailaba moito. Ficara estacionado diante do Yohakin, mentres nós estivéramos dentro, buscando con ansia música e luces eléctricas. Bebíamos coñac sen engadidos e fumábamos haxix, buscando proporción no...