Quen nunca bebeu mal viño non pode apreciar especialmente un bo. A persoa que non viu cinema pésimo e non detectou as dificultades do mal director, ou do carente guionista, tampouco pode sentir plenamente o valor estético dun grande filme. É a base do discernimento, que nos pode levar até a mesma constitución da vida, da existencia, pois non hai ben sen mal, amor sen odio, paz sen guerra, vida...
Unha malleira física en nome do feminismo en Compostela
Nunca amosei medallas ao mérito, ademais teño poucas. Neste artigo vou ensinar algunha, para que non se entenda como unha agresión ao feminismo o que escriba despois. Comezo polo elemental. Son home, heterosexual e simple, tanto no hetero como no sexual. E (pero?) teño conciencia da desigualdade da muller desde hai case medio século. Iniciouse co apoio a reivindicacións importantísimas, como que...
Pracer galaico
Cando subía onte pola rúa da Rosa, unha señora caeu no paseo como esvaecéndose e golpeou forte a cabeza contra o solo. Chamei de contado ao número cento doce mentres outra muller lle facía caricias e lle colocaba unha prenda por debaixo do pescozo. A ambulancia tardou sete minutos, durante os cales se aproximaron moitas persoas; algunhas preguntaban que pasara, se podían axudar, e continuaban...
Carlota
Ryszard Kapuscinski é un xornalista mítico, cuxa aura provoca unha certa perversión. Convértese na noticia principal porque cubriu a noticia, entón a noticia principal deixa de ser a noticia. O concepto de Mc Luhan “o medio é a mensaxe” acada unha concreción perfecta nalgúns dos traballos do xornalista polonés. Vin Mais um Dia de Vida, un documental animado bastante bo que conta a visita de...