Antes de nada quero manifestar o meu apoio sen ambaxes ás mobilizacións contra os macroparques eólicos. E tamén que subscribo no fundamental as mensaxes e os argumentos da coordinadora “Eólica así non”. Tan só quero facer unha matización ou mellor dito un engadido ao seu argumento sobre a contribución dos grandes proxectos eólicos ao despoboamento do rural. Compre non esquecer que este...
Ver o rural con outros ollos
Esta tempada estou a publicar algúns traballos sobre o medio rural e o sistema agrario galego nunha páxina web titulada Galiza Rural. Isto é un resumo dos mesmos. ¿Cal é a importancia do medio rural de Galiza hoxe en día e quen o forma realmente? Non é doado contestar, pero eu estimo que a xente que vive no rural é como mínimo un terzo da poboación total e, segundo algúns cálculos, podería...
Galiza, non somos (só) “la leche”
O día 29 de agosto pasado, “El Faro de Vigo” (1) daba a noticia de que Galiza estreaba o seu primeiro “paso de vaca”. Tamén a recollían varios xornais do Estado. O paso de peóns ao que se referían, pintado na Coruña, representa as manchas da pel dunha vaca frisoa de leite. Na mesma noticia afirmábase que era a campaña dunha grande explotación leiteira ecolóxica baixo o lema “Galicia, somos la...