Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

En sosego

Abandonei o escritorio e as butacas e busquei acomodo na cociña.
Desde a última morte reconfórtame a dureza das cadeiras.
Cambiei para aquí sen decidilo. Sen consciencia de buscar.

Precisamente para este centro.
Devólveme a casa da infancia.

O ruído da neveira cando se acende.
Difíreme o pensamento.
E oio o boureo de todos.

Na brasa da placa eléctrica.
Revivo a entrada deles, desde as outras estancias.
Buscan o calor, nos invernos conxelados de Lugo.

A incisión do café.
Trae dentro del os olores sanguíneos e crus.
Ascenden e reunímonos arredor da mesa.

A louza branca.
As pezas que sobreviviron.
Imaxino que veñen de alí e encontro o alimento.

A porta que se entorna.
E asumo que aquí dentro xa fico eu só.
Sen consciencia de buscar.
E na casa ninguén descifra que cambiei o lugar de traballo para reunirme cos ausentes.

Sobre o autor

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A impostura e a desorientación na normalización lingüística". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Manuel Jordán Rodríguez

Profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A impostura e a desorientación na normalización lingüística". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associacionismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha