No camiño do sono faise ás veces presenza unha plenitude efémera e liviá que desexo contar. Chega de repente e trasládame con delicadeza ao pasado. Como se o corazón portase melancía. Quizás dure só segundos, non o sei. Ademais acontece poucas veces. O ánimo envólvese dentro doutro instante. Lévame para unha vivencia anterior, novamente repetida, acubillada na multitude de percepcións que a...



