Hai pouco na estación de autobuses dun dos maiores centros urbanos de Galiza fun coller un coche de liña para ir á miña cidade. Chegou a hora na que debía saír e o autobús aínda non estaba na dársena que lle correspondía. Finalmente saíu pero con varios minutos de atraso causando a quen viaxabamos nel trastornos de maior ou menor importancia en función do que cadaquén tiña que facer en Lugo. Días...
Autoodio
O concepto de autoodio aplicado ás actitudes dos colonizados e das colonizadas chegou ao nacionalismo galego hai anos. E axiña o asumimos porque explicaba algúns comportamentos da xente deste país que nos resultaban difíciles de entender e ademais dábanos unha certa tranquilidade de conciencia porque xustificaría o feito de que en Galiza houbera un seguimento do nacionalismo máis baixo do que nos...
Tradicións
Este mundo no que vivimos é un mundo esencialmente inxusto e inhumano onde unhas poucas (moi poucas) persoas viven cunha opulencia descomunal á conta de explotar e oprimir á inmensa maioría da poboación. Ás veces preguntámonos por que esa inmensa maioría non remata con este sistema social que lle causa tanta dor e sufrimento e implanta outro máis xusto e máis humano. As razóns son varias e non...
Adaptación
Este artigo vai da necesidade de adaptación, pero vaia por diante que isto non é un chamamento a acomodarse á situación actual, nin a aceptar as inxustizas, nin a abandonar o traballo por unha sociedade máis xusta e máis humana, dentro das posibilidades de cadaquén. Vou falar de distintos temas a cabalo entre o persoal e o colectivo, se cadra pouco conectados entre si. A min góstame viaxar pero...